|

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible vén de anunciar a súa intención de aumentar a rede de espazos protexidos. Entre eles atopamos ao que aquí chaman a Paisaxe Protexida dos Penedos de traba e Pasarela, unha marabilla da natureza onde ata hai ben pouco se quería facer unha mina a ceo aberto, unha canteira que destruiría esta inverosímil paisaxe. A zona dos Penedos ocupan 92.23 hectáreas no concello de Laxe e 117.52 no de Vimianzo., sendo este é o único mapiña que teñen na consellería da zona. Entre as zonas que serán protexidas atopamos lugares tan míticos como o Parque Natural dos Ancares, o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, a Paisaxe Protexida do Val do Río Navea, a ZEPA Pena Trevinca ou a Paisaxe Protexida da Ribeira Sacra. Aí é nada, e nós pensabamos que os Penedos tan só eran unha rochas calquera para facer casas. Agardamos que isto sirva definitivamente para que consideremos dunha vez esta paraxe como outro tesouro máis do noso patrimonio natural, como ben saben no colectivo “Amigos dos Penedos”, que a semana pasada solicitaban a calificación da zona como Reserva Xeolóxica da Costa da Morte. Plan de Xestión do lobo O novo plan do lobo xa está presentado. Tratatremos de falar cos nosos especialistas no asunto pero polo de pronto mostramos as primeiras medidas ou modificacións tralo proceso de información pública: - Tense en conta que pese a que se trata dunha das especies listadas no regulamento de caza, é un gran predador que pola conflitividade que xenera co home, da lugar a unha problemática social que pode derivar en problemas de conservación para a especie.
- Elimínase o seu aproveitamento cinexético.
- Asúmese a existencia dun grao de incertidume respecto ao tamaño total de poboación, polo que as decisións se deben tomar partindo do principio de cautela.
- Pártese da base de que a mortalidade ilegal desta especie é moi difícil de coñecer e contrastar, asumindo que é previsible que os seus valores reais sexan moi superiores aos coñecidos, do 20% no período 1999-2003.
- Ten un carácter máis executivo nas actuacións de conservación da especie.
- Actualízase a zonificación, que terá en conta a densidade de lobos, a gandaría e os danos que lle poida supoñer, e, como novo punto, a coherencia das unidades de xestión.

Polo de pronto vemos no mapa que algún concello da bisbarra cambia de denominación. Laxe e Zas pasan de ser calificadas como zona 2 (zona onde se realizarán controis poboacionais de xeito puntual pero que os danos á gandaría serán recompensados pola administración) a zona 3 (zona onde non se autorizarán controis salvo en casos puntuais). Pola súa parte Mazaricos pasa de zona 2 a zona 1 (zona con alta poboación de ungulados silvestres, onde a Xunta realizará controis poboacionais en funcións dos ataques), quedando un total de 4 concellos (Muxía, Dimbría, Vimianzo e o propio Mazaricos) con esa calificación, polos 3 da anteiror lexislación. Aumenta así a superficie controlada pola Xunta. Adaptación da lei de Conservación da natureza á lexislación básica A consellería tamén presentou as novas modificación da lei 9/2001, do 21 de agosto, da conservación da Natureza á lexislación básica do estado: - 1.- PRINCIPIOS INSPIRADORES ESTABLECEN CONCEPTOS NOVEDOSOS AOS XA EXISTENTES:
1. A integración dos requirimentos da conservación, uso sostible, mellora e restauración do patrimonio natural e a biodiversidade nas políticas sectoriais. 2. A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación do territorio. 3. A garantía da información e participación dos cidadáns no diseño e execución das políticas públicas. 4. A contribución dos procesos de mellora na sostibilidade do desenvolvemento asociados a espazos naturais ou seminaturais. - 2.- DIFERENCIACIÓN ENTRE ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS E ESPAZOS PROTEXIDOS REDE NATURA 2000
- Eliminación de Zonas Especiais de Protección dos Valores Naturais (cambio a ZEC). - Espazos Naturais Protexidos.- Parques,Reservas Naturais, Áreas Mariñas Protexidas, Monumentos Naturais e Paisaxes Protexidos. - Espazos Protexidos Rede Natura 2000.- Lugares de Importancia Comunitaria (ata que pasen a Zonas Especiales de Conservación), Zonas Especiales de Conservación (ZEC) e Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA). - 3.- MODIFICACIÓN DO RÉXIME DAS ESPECIES AMEAZADAS
– Créase o listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial de carácter administrativo e ámbito estatal que inclúe especies, subespecies e poboacións merecedoras de atención e protección particular así como aquelas que xa esteñan protexidas nos Anexos das Directivas ou Convenios Internacionais ratificados por España. – Determínanse as prohibicións e actuacións suplementarias que se consideren necesarias para a súa preservación. - 4.- CREACIÓN DO CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS
– Este Catálogo establécese dentro do anterior listado de especies silvestres en réxime de protección especial e incluirá os taxóns ou poboacións da biodiversidade ameazada dentro das categorías de “En Perigo de Extinción” ou “Vulnerable”. – Determínanse as prohibicións e actuacións para a súa preservación ou incluso incrementar o grado de protección dalgunha especie do Catálogo Español. - 5.-PREVENCIÓN E CONTROL DE EXÓTICAS
– Créase o Catálogo Galego de Especies Exóticas Invasoras no que se incluirán todas aquelas especies e subespecies exóticas invasoras que constitúen unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, a agronomía ou para os recursos económicos asociados ao uso do patrimonio. –Levarase un seguemento das especies exóticas con potencial invasor co fin de incluílas no Catálogo e determínanse as prohibicións e actuacións para erradicalas. - 6.- A REDE ESPAÑOLA DE RESERVAS DA BIOSFERA
– Constitúe un subconxunto definido e recoñecible da Rede Mundial de Reservas da Biosfera. – O comité Mab español é o órgano colexiado de carácter asesor e científico, adscrito ao Ministerio de Medio Ambiente. – As Reservas da Biosfera deberán respectar as directrices e normas da UNESCO e contar con: 1. Unha ordenación espacial; 2. Unhas estratexias específicas de evolución cara os obxectivos previstos; 3. Un órgano de xestión responsable do desenvolvemento das estratexias, liñas de acción e programas. - 7.- USO SOSTIBLE DO PATRIMONIO NATURAL E DA BIODIVERSIDADE
– A parte das Reservas da Biosfera, regúlase o acceso aos recursos xenéticos procedentes de taxóns silvestres e o reparto de beneficios derivados da súa utilización. –Adecúase o desenvolvemento do Comercio Internacional de Especies Silvestres aos principios de sostibilidade de acordo coa lexislación internacional. –Promóvense os coñecementos tradicionais para a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade. - 8.- RÉXIME SANCIONADOR
– Realízase unha adaptación das infraccións e sancións aos tempos actuais, clasificando estas en leves con multas de 500 a 5.000 euros, graves de 5.001 a 200.000 euros e moi graves de 200.001 a 2.000.000 euros. - 9.- OUTROS ASPECTOS
– Conectividade ecolóxica do territorio en particular entre espazos da rede Natura 2000. – Áreas protexidas por instrumentos internacionais (RAMSAR, sitios da lista do Patrimonio Mundial da Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural, áreas protexidas do convenio para a protección do medio mariño do Atlántico do nordeste (OSPAR), Geoparques E Reservas da Biosfera declarados pola UNESCO, Reservas bioxenéticas do Consello de Europa). – Zonas Periféricas de Protección en Espazos Naturais Protexidos para evitar impactos ecolóxicos ou paisaxísticos. – Os PDS como instrumentos transversais ao servizo do desenvolvemento en Parques Naturais. Novas relacionadas Máis información Fonte
|