|
Xoán Sande comprométese a apoiar á asociación Íntegro |
Correo-e
|
|
miércoles, 14 de mayo do 2008 |
|
O deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, visitou o martes as instalacións de Íntegro, a Asociación para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra situada en Cabana. Durante o percorrido polo centro de recursos, Sande comprometeuse a que a institución provincial apoiará a Íntegro con diversas subvencións. Sande explicou que coa visita ás instalacións de Íntegro “devolvía á deferencia que tivo o presidente da entidade Adolfo López Baña cando acodeu a unha xuntanza na Deputación”. Presenciou as actividades ocupacionais, de manualidades e informáticas que teñen lugar en Íntegro e recibiu as peticións de López Baña, para “amañar o tellado, mellorar o transporte adaptado e renovar a furgoneta”. Para o deputado provincial, Íntegro cumpre un papel importante “cubrindo as carencias coas que se enfrontan os discapacitados diariamente, especialmente no rural, como neste caso”. Destacou o seu traballo “en inserción laboral” e o seu esforzo por vertebrar “un territorio tan disperso como é a Costa da Morte”. López Baña agradeceu a visita, valorou a importancia da implicación “dun político da bisbarra” e expresou os seus desexos. Máis información Fonte
|