doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

As algas como unha boa saída para as mariscadoras  Correo-e
miércoles, 14 de mayo do 2008

Estes días pódese un paseo por algunha vila mariñeira da zona e poderá ver o chan sementado de algas. Os mariscadores de Camariñas, Camelle ou Muxía puxeron a secar ao aire libre as algas recollidas, unha saída máis que válida fornte ao problema da contaminación do marisco. Hai zonas de cultivo, como a de Merexo, pero a recollida de alga salvaxe é a fonte máis importante.

Pouco a pouco, e ás veces por obrigación, imos atopando solucións que pensabamos que non ían ser apropiadas. Só pensando en como acabamos comendo centolos, as algas non se nos deberían presentar tan desagradables, a verdade. As algas levan tempo formando parte dos nosos cultivos pero dun xeito moi vago. Pouco se pensa na zona que as algas van ocupar un lugar de priivilexio nas mesas dos restaurantes ou nas lonxas, pero se cadra, e ante a escaseza de mariscos e peixes por mór da continua esquilmación de furtivos e legais, as algas poden ser unha interesante e nutritiva saída.

Non son poucos os países que consumen algas diariamente, un produto moi baixo en calorías e moi rico en nutrientes, con máis proteínas en proporción que a carne, por exemplo. Japón é abandeirado do uso da alga na alimentación pero aquí en Galicia xa estamos comezando a abrir esa porta. Sen ir máis lonxe, en Merexo hai cultívanas e en Cambre (A Coruña) hai unha empresa, Portomuíños, que as transforma para consumo humano. Falamos, por exemplo, da alga wakame, ben rica por certo.

Produción e importaciónImage

Pero o meirande uso das algas non é o consumo humano, a pesar de que cada ano crece, senón que sobre todo se usa como aditivo espesante, estabilizante ou emulxente, en industrias como a láctea, a cosmética ou a cárnica. De feito polas 600 toneladas que se tranforman para consumo humano, 5.000 son utilizadas para aditivos. Ademais, estas 5.000 toneladas teñen que ser importadas xa que a produción non supera o 12% das consumidas en total. Incomprensible nun país coma o noso onde temos case que 2.000 quilónetros de costa.

Cultivo ou colleita salvaxe

Segundo os estudios, resulta máiss rendible é a plantación. Xa lembráramos a riqueza da ensenada de Merexo, por exemplo que ten algunha especie, como a laminaria saccarina, máis coñecida como alga kombu (moi popular na cociña), en proporcións altísimas, chegando a poder producir máis que no resto de Galicia. Estes cultivos ademais non son problema para o entorno.

Agora, haberá que as algas de Merexo volvan crecer unha vez sementados os fíos, e a seguinte colleita non se producirá ata o marzo próximo.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com