Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A galescola de Ponteceso celebra os maios das Letras Galegas  Correo-e
miércoles, 14 de mayo do 2008

Image

A galescola de Ponteceso celebrou o pasado 13 de maio de 2008 a festa do Día das Letras Galegas coa actividade "Os Maios". Os cativos pasárono en grande nunh xornada que contou coa participación das familias. Entre todos fixeron unha alfombra de flores e esta preciosa árbore de flores.

Saída a Riazor

Esta fin de semana o concello organiza unha saída ó estadio de Riazor para presenciar os encontros Fabril-San Sebastián de los Reyes e Deportivo-Villareal. As inscricións pódense realizar na O.M.I.X (981 714 622) e na Oficina Municipal de Corme (981 738 428) ata o venres 16 de maio. Haberá saídas dende Corme e Ponteceso ás 16:00h e regreso ás 00:00h, aproximadamente.

Tramitación do DNI

O concello lembra que duarnte o día de hoxe, xoves 15 de maio de 2008, pasarán polo Concello membros do corpo nacional da policía para atender ós veciños que solicitaron a creación ou renovación do seu DNI a través do Concello. Será a partir das 09:00h na Casa do Concello en Ponteceso.

Rexistro de demandantes de vivenda protexida de Galicia

- Que é o rexistro: A Orde do 31 de marzo de 2008 da Consellería de Vivenda e Solo regula o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia.

- Finalidade: Facilitar a xestión e o control das adxudicacións de vivendas de protección autonómica e vivendas de promoción pública, así como os datos relativos á demanda deste tipo de vivendas.

- Obriga de inscrición: A inscrición neste rexistro é requisito necesario para participar nos procedementos de adxudicación das vivendas protexidas.

- Solicitudes: Ademáis do xeito establecido na Orde do 31 de marzo de 2008 citada, as solicitudes poden presentarse, na Casa do Concello acompañadas da documentación seguinte:

  • DNI de todos os membros da unidade familiar ou convivencial (tamén o libro de familia cando haxa menores de 14 anos sen DNI).
  • Tarxeta de residencia no caso de persoas estranxeiras.

Nas solicitudes haberá que indicar, entre outros:

  • 1.- Os concellos nos que se desexe optar á adxudicación de vivenda protexida, poidendo sinalar un máximo de catro sen criterio de preferencia entre eles.

  • 2.-Se se pretende acceder a unha vivenda de protección autonómica en propiedade e/ou alugueiro así como o tipo.
  • 3.- Número de dormitorios da vivenda á que pretende acceder, podendo indicar ata dúas opcións.
  • 4.- Os ingresos da unidade familiar ou convivencial, que se obteñen sumando as casillas 476 e 479 da última declaración da renda.

Formularios e documentación

Toda a documentación necesaria (Formularios, bando e orde de creación de rexistro) está dispoñible na web do Concello (www.ponteceso.net):

Fonte

  • Nota de prensa de Óscar M. Rey Calo, Responsable de comunicación do Concello de Ponteceso.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com