Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Cee celebra o Día da Internet  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

A internet segue entrando cada día máis nas nosas vidas. Malia todos eses problemas de conexións, que esta semana personificabamos na locutora da Radio Nordés Susana Alvite, a internet preséntase cada día como unha necesidade tan importante como o transporte. Por isto, e pola carencia de infraestruturas na bisbarra, queremos continuar amosando os problemas centrándonos en aquelas persoas que precisan da internet para o seu desenvolvemento profesional ou académico, e que por mór desta carencia teñen que emigrar. Pedimos pois que se poñan en contacto con nós, en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , para entre todos irmos contando os problemas e animando aos concellos da bisbarra a que cada día tomen o problema un pouco máis en serio.

Unha firma "Polo prezo do ADSL Rural"

O ADSL Rural é un problema que afecta a un gran número de españois, é inxusto por cada un dos concellos polos que pasa. Así presenta esta importante e valiosa iniciativa da Asociación de Internautas. Pedimos tamén que pasedes por PetitionOnline.com para deixar ben claro que nas zonas rurais non estamos dacordo con esta discriminación á que estamos expostos no rural do estado. Non temades, só hai que poñer nome, DNI e provincia

Día da Internet en Cee

A Delegación de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee, a cargo da edil Amancia Trillo Lago, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza para este venres 16 de maio de 2008 (víspera do Día da Internet, curioso que o día da internet coincida coas Letras Galegas) unha serie de obradoiros onde os asistentes serán quen de reservar billetes de avión a través da rede, saber cal é o recorrido máis curto para chegar o seu destino, crear un álbum de fotos, localizar a súa vila e a súa casa, saber por qué parte de Galicia están os seus apelidos distribuídos e cantos hai, usar a wikipedia,…

Os interesados en participar poden acudtir directamente a aula de Informática de 12:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00.

Novas relacionadas

Firma aquí

Fonte

  • Nota de prensa de Mª Junquera Cambeiro Tarrela, Concelleira de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do concello de Cee.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com