|

Os vindeiros sábado 24 e domingo 25 de maio de 2008, Muxía vai acoller a primeira edición do Torneo de Futbol Base da Costa da Morte, na que participarán 32 equipos das Categorias Alevíns e Benxamíns. É na categoría benxamín na que participarán os máis importantes equipos do país, xa que desde o Deportivo ata un par de seleccións da Costa da Morte. Os encontros desenvolveránse no campo Municipal de herba natural Arliña. Os equipos participantes son: - BENXAMÍNS: A.D Raio Sadense, C.C.D Cerceda,C.D.Calasanz, C.D Ciudad Jardín, C.D.Conxo, E.D.Val Miñor, E.F.Luis Calvo Sanz, Montañeros B.G., Orillamar S.D., Pabellón C.F., Ponte Ourense C.F., U.D.Santa Mariña, Ural C.F., Victoria C.F.,SELECCIÓN COSTA NORTE e SELECCIÓN COSTA SUR.
- ALEVÍNS: Luis Calvo "A", Dumbría, Sp.Zas, Cabana, C.D.Calasanz, Muxía, Corcubión, Luis Calvo "B" Nicariense, Camariñas, C.C.D.Cerceda, Esteirana, R.D.Deportivo, Baio, Fisterra e Santa Comba.
Día das Letras Galegas O concello artella as actividades para esta din de semana tan galega. Así, o mesmo sábado 17 de maio, Miro Villar e Suso Samad intervirán nunha charla sobre Gonzalo López Abrente, Poeta e narrador da Costa da Morte. O evento terá lugar no Salón de Actos do Salón do Voluntariado (edificio do Mercado) a partir das 19:30. Festa dos Maiores O concello perante a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía organiza a FESTA DOS MAIORES en agradecemento a toda unha vida de traballo; a ela están convidados todas as mulleres e homes PENSIONISTAS e, persoas MAIORES DE 65 ANOS, coas súas parelllas. Este ano a Festa contará con NOVIDADES importantes como os OBRADOIROS DE XOGOS TRADICIONAIS, actuacións dos actores Pepe PENABADE e FARRUCO... ademáis do Xantar e Música en vivo. O prazo para apuntarse rematará o día 22 de maio e que poden facelo pasando polo Concello ou ben chamando ao teléfono 981-742001. Fonte e máis información
|