|
Xa chega o momento dos certames literarios da bisbarra, i é que co gallo do Día das Letras Galegas hai varios certames de relatos rondando por aí, que entregan os seus premios estes días. É o caso da Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” do Concello de Cee, que fai hoxe público o veredicto do XVII Concurso Literario de "Achegamento ó libro". Unha bisbarra que ten moitas máis cousas. Unha bisbarra que ademais ten canteira, e aí vemos como a ceense Rocío Leira segue gañando premios, como o que recolle este sábado en Nigrán. Así, temops outros certames, como o que organiza a Radio Neria en colaboración con este diario, o I Concurso de Teatro Lido en galego da Radio Neria. Tamén andan en Fisterra co seu I Certame de Relato Corto e Poesía de Fisterra Letras Galegas 2008, pero non poderan levar a cabo a entrega de premios este sábado 17 de maio, como estaba previsto, así como a presentación do libro de Branca Vilela, por non problemas coa rotativa da imprenta. Tamén están en Vimianzo co "V Certame de Relatos Cursos", argallado pola Asociación Xuvenil Cherinkas. Vamos, que estes días vaia haber unha morea de premios por aí. Agardamos poder amosarvos os mellores traballos de cada certame. Día das Letras Galegas en Cee Dentro da programación con motivo da festividade das Letras Galegas, a Área de Educación, Cultura e Deporte convídanos ós actos que terán lugar os vindeiros 16 e 17 de maio: - Venres 16: Salón de Actos, a partir das 18.00 h.: entrega dos premios do XVII Concurso de Achegamento ó libro.
- Sábado 17: Praza da Constitución, a partir das 12.30 h.: Concerto da Banda de Música de Cee;
- Salón de Sesións, a partir das 18.00 h.: entrega de premios do V Concurso de Pintura. - E ás 20.45 h. no Salón de Actos, “Bicos con lingua”, a cargo de Talia Teatro. XVII Concurso Literario de "Achegamento ó libro" A Biblioteca Pública Municipal “Don Francisco Mayán” do Concello de Cee, que fai hoxe público o veredicto do concurso. O xurado estivo composto por, Victor Manuel Castiñeira Castro (Técnico de Cultura do Concello de Cee), Teodomiro Lamela Rodeiro (Responsable das Axencias de lectura de Ameixenda e Brens), e Mercedes Rodríguez Fraga (Responsable da Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Cee). Os premios foron os seguintes: 1º Ciclo de Primaria - A obra gañadora foi: “O libro intelixente” de Sergio Cambeiro Riveiro do Colexio do Pindo.
- Recibindo accésits as obras:
- “En busca das vogais” de Pablo Costa Beiro (Colexio de Ensino Primario do Pindo); - “As letras voadoras” de Juan Formoso García (Colexio de Ensino Primario do Pindo); - “Letralandia” de Estela Areas Pérez (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “O primeiro día de escola” de Andrea Castreje Canosa (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “O misterio da fonte” de Natalia Lado (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “Lucas” de Adán Bujeiro Martínez (C.E.I.P. Eugenio López de Cee). 2º Ciclo de Primaria - A obra gañadora foi: “O agasallo do avó” de Cristian Lago Paris, do C.E.I.P. de Vilarmide.
- Recibindo accésits as obras:
- “A bruxa da biblioteca” de Dana Rodríguez Lado (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “A pasión polos libros” de Claudia Lago Sendón (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “Cadolos” de Deganira Romero Cano (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “A viaxe” de Daniel Montero Oróns (C.E.I.P. de Vilarmide); - “Un conto sen fin” de Claudia Sambade Martí (C.E.I.P. Eugenio López de Cee); - “O mundo das letras” de Pablo Trillo Caamaño (C.E.I.P. Eugenio López de Cee). 3º Ciclo de Primaria - A obra gañadora foi: “A sabiduría do avó Antón” de Ainoa Conde Castro, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- Recibindo accésits as obras:
- “O descubrimento de Pedro” de Brais Amboade Álvarez (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “Recordos dun vello libreiro” de Adriana Lado Fernández (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee); - “A historia da miña familia” de María Rodríguez Lourido (Colexio do Pindo); - “O rapaz ó que non lle gustaba ler” de Mauro Louro González (Colexio do Pindo); - “A comprar folios” de Laura Antelo Gómez (C.E.I.P. Santa Eulalia de Dumbría); - “A nosa aventura” de Paula Castro Trillo (C.E.I.P. Eugenio López de Cee); - “Os libros teñen corazón” de Rebeca Rodríguez Caamaño (C.E.I.P. Eugenio López de Cee). 1º Ciclo da E.S.O. - A obra gañadora foi: “A fin dos libros” de Andrea Franco Rodríguez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- Recibindo accésits as obras:
- “A mellora da avoa” de Adriana Trillo Montero, (Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee); - “O administrador de contos” de Juan Carlos Lema Figueroa (I.E.S. Ramón Caamaño de Muxía); - “O libro que le os teus pensamentos” de Antonio Bermudez Valiña (I.E.S. Ramón Caamaño de Muxía). 2º Ciclo da E.S.O. - A obra gañadora foi: “O diario” de Lucía Alvariñas Gómez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- Recibindo accesit a obra:
- “A illa dos libros perdidos” de Sandra Rodríguez Carreira do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. IX Concurso Literario de "Achegamento ó Teatro" O xurado decidiu declarar deserto o 1º premio, recibindo accesits as obras: - “A cova fantástica” de Jennifer Romero (Colexio “Eugenio López” de Cee);
- “A casa encantada” de Amanda Pazos Delgado (Colexio “Eugenio López” de Cee);
- “Diario dun libro” de Ainara Lago Fernández (Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee).
IV Concurso "En busca do noso Marca-Páxinas" - A obra gañadora foi: “Protexe a túa mente” de Alicia Vilas Lagoa do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- Recibindo accésits as obras:
- “Coa lectura chegarás a moita altura” de Andrea Bermúdez Piñeiro, do Colexio do Pindo; - “A lectura, fonte renovable” de Roberto Coloma Nadal do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. Entrega de premios En total houbo 397 obras presentadas.Todo un éxito de participación que reflicte a boa disposición de profesores e alumnos a participar destes eventos. A entrega de premios será o vindeiro 16 de maio, ás 18:00h da tarde, no Salón de Actos do Concello de Cee. Tanto a Biblioteca como a Área de Educación, Cultura e Deporte deste Concello, queren facer público o seu máis sincero agradecemento a tódolos participantes, a tódolos mestres dos distintos centros educativos da comarca e medios de comunicación que animaron aos rapaces e colaboraron difundindo estes concursos. Queren agradecer de igual xeito á entidade CAIXANOVA, que amablemente aportou libros e diverso material didáctico que serviu para crear este ano (como nos dez anteriores) máis accésits. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Técnico de Cultura de Cee, Víctor M. Castiñeira Castro.
|