Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A bisbarra encantada cos Penedos  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

Recibiamos onte un par de novas notas de prensa co gallo do anuncio da Consellería de Medio Ambiente sobre o inicio do expediente para declarar os Penedos de Traba e Pasarela, espazo paisaxístico natural protexido. Non cansamos de amosar as respostas que xenera na bisbarra, e se onte contabamos a alegre resposta da Asociación Amigos dos Penedos e o escepticismo do alcade de Vimianzo, hoxe amosamos o que opinan o alcalde de Laxe o grupo ecoloxista PX e o BNG do concello vimiancés.

Se o alcalde de Laxe califica de "superpositiva" a medida, o grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto opina o mesmo, pero avisa de que presentará alegacións, xa que entende que un dos seus parágrafos deixa vía libre á instalación de explotacións sempre que estean legalmente autorizadas e conten coas debidas autorizacións. PX perdirá tamén a reconsideración dos penedos de Braño, outra zona de semellante interese que non está incluida no proxecto. Dá gusto ver como este pequeno grupo ecoloxista mira ata a letra pequena e non para de protestar.

Pola súa parte, o BNG de Vimianzo congratúlase tamén da medida e felicita ao pobo de Pasarela. Lembra tamén que agora, e cun mes de prazo e exposición das medidas, é o momento de facer as reclamacións pertinentes e o momento da participación da sociedade para poñer en valor os Penedos. Antelo, voceiro do BNG de Vimianzo, asegura que o alcalde se equivocou ao situarse en contra da protección dos penedos e agarda que a protección dos Penedos funcione como motor económico en Pasarela”.

Nota de prensa do PXImage

O grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto, que no seu día realizou alegacións en contra da instalación dunha canteira nos penedos de Pasarela e deu o seu apoio á iniciativa de Carlos Aymerich de protexelos legalmente, parécelle moi positiva a protección do que considera como un espazo de gran valor xeolóxico e paisaxístico, ademais de mítico e histórico.

Así e todo, estudará presentar alegacións ao decreto, xa que entende que un dos seus parágrafos deixa vía libre á instalación de explotacións sempre que estean legalmente autorizadas e conten coas debidas autorizacións. Desde PX temen que do mesmo xeito que no caso de piscifactorías ou parques eólicos da zona instalados en Rede Natura, fágase caso omiso do impacto ambiental.

Pero o que máis preocupa aos ecoloxistas é saber se se eliminou o conxunto dos penedos de Braño, na parroquia de Carantoña. PX pedirá que se inclúan os montes de Piñeus e Castelo ata a Pena da Aguia, xa na zona costeira de Sabadelle. Neste caso, para os ecoloxistas, habería unha nova normativa afectando sobre o terreo previsto para a instalación dunha planta acuícola no lugar, a cen metros da paraxe protexida inicialmente previsto. PX cre que a pesar de que en Traba hai restos dun castelo medieval e en Pasarela as pedras máis singulares, é unha zona perigosa para o acceso, e en caso de levarse a cabo iniciativas de visita e un área de natureza nos penedos, o lugar idóneo é precisamente a área de Braño.

O BNG valora como positivo para Vimianzo a protección dos Penedos de Pasarela

Logo dos acordos parlamentarios reclamando por unanimidade de todas as forzas políticas a protección dos Penedos de Pasarela e Traba, a Consellería de Medio Ambiente ven a tomar a decisión de iniciar o proceso para declarar a zona como paisaxe protexida. Neste senso ábrese un proceso de exposición pública que durará un mes. A noticia en si é positiva porque se executa esta demanda de protección feita por amplos sectores sociais e culturais, e, por outro porque se inicia un proceso onde os particulares e colectivos poden aportar os seus puntos de vista. “Agora é o momento da participación da sociedade para poñer en valor os Penedos”, di o Portavoz municipal do BNG.

A decisión de protexer os Penedos respecta os usos tradicionais e permite abrir novas posibilidades de valorización económica da zona. Neste senso o BNG presentou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para acompañar a protección co desenvolvemento dun Plano de valorización da zona que resultou aprobado por unanimidade da cámara galega no mes de decembro de 2007. “A protección dos Penedos vai significar riqueza para Vimianzo e Pasarela”, di Manuel Antelo; “Esixiremos que se execute o último acordo do Parlamento”, engade o voceiro nacionalista referíndose á proposta presentada polo BNG e aprobada en decembro.

A protección dos Penedos bota por terra os argumentos de quen mantiveron posicións contrarias por motivos de intereses privados ou políticos. Faise con transparencia e coa participación da xente ao través da exposición pública. Faise respectando os usos tradicionais e coa perspectiva dun plan integral de posta en valor que vai repercutir directamente na zona. “Fracasou quen intentou sacar proveito económico a costa de destruír os Penedos”, di o voceiro nacionalista; “o Alcalde equivocouse opoñéndose á protección dos Penedos”, engade Manuel Antelo.

Os nacionalistas de Vimianzo consideran que é o momento de demandar que o Decreto de protección dos Penedos veñan acompañado dun Plan Integral de posta en valor dos recursos da zona. Neste senso fan referencia á iniciativa que presentou o BNG no Parlamento e que se aprobou por unanimidade. “É o momento do consenso político e social para defender un impulso socio-económico entorno aos Penedos”, di o voceiro nacionalista; “sería imperdoable deixar pasar esta oportunidade”, engade Manuel Antelo.

Os nacionalistas felicitan ao pobo de Pasarela en concreto, e ao de Vimianzo en xeral por esta decisión que será beneficiosa para os veciños. Esperan que se rematen todas as polémicas e obstáculos que tan só buscaban o beneficio particular a costa dos intereses xerais. “Todas as mentiras que se dixeron quedan en evidencia no día de hoxe”, di Manuel Antelo; “queremos que a protección dos Penedos funcione como motor económico en Pasarela”, engade o voceiro nacionalista.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do grupo ecoloxista PX, da man de Rafael Lema Mouzo.
  • Nota de prensa do BNg de Vimianzo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com