Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

R anuncia que Malpica disfutará dos seus servizos a partir do mes de xuño  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

Malpica terá R en breve. O operador galego de telecomunicacións acaba de anunciar que para o mes vindeiro finalizarán as obras ao longo do concello, onde está a instalar dende haio varios días a rede de fibra óptica. Deste xeito, xa dende xuño arredor de 2.400 fogares e establecementos poderán disfrutar de varios dos servizos que ofrece a firma: teléfono (tamén será instalada unha cabina de teléfono no casco urbano), internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil. A ver estas liñas que tal funcionan.

O alcalde de Malpica, José Ramón Varela Rey, sinalou a importancia desta mellora das infraestruturas, e instou á empresa para aumentar a rede ata o lugar de Seaia. No tocante ao parque industrial de Buño, que está en construción, a empresa analizará a posibilidade de achegar o servizo.

Malpica será pois o primeiro concello da Costa da Morte que poderán disfrutar deste novo servizo, polo que agardan impacientemente o resto de concellos da bisbarra. Unha alternativa á oferta de Telefónica pode ser a salvación desta baixa calidade dun servizo que xa levamos sufrindo tempo dabondo. Tan só Ponteceso, cuias obras rematarán a finais deste 2008, e Vimianzo, andan algo máis relaxados.

A problemática vimiancesa é curiosa. R achegouse ao concello, dende onde tardaron varios meses en responder. O concello realizou unha proposta de ampliar o servizo a todo concello, incluido o parque industrial, medida que foi aceptada pola compañia. Pois resulta que, a día 13 de maio de 2008, dende a empresa aseguran que están agardando a licencia municipal para comezar as obras. Dende R avisan de que a firma está facendo un serio esforzo por extender o servizo a toda a bisbarra. Dende a parte sur da Costa, agardamos como auga de maio, que este ano estamos tendo demais, a chegada do operador galego.

Firme aquí "Polo prezo do ADSL Rural"

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com