|
Este fin de semana dispútase a última xornada da liga autonómica, agora chamada liga senior galega. Os baieses xogarán o sábado ante o Club Baloncesto Noia a partir das 18:30 horas no Pavillón Municipal de Noia.Os árbitros serán Cabo e Villaroel. Os de Noia Último partido da temporada e con horario unificado, pois todolos partidos se xogan a mesma hora. Sin nada que xogarse dende xa fai unhas cantas xornadas, tanto os locais de Juan Figueiras como os de Moreira despiden unha máis que meritoria campaña. Os de Noia, pese a ser a súa temporada de debut na liga e cunha plantilla moi xusta, estiveron todo o campeonato na parte alta. A baixa de Aítor, fichado polo Rhino´s Xiria, fixo que o equipo perdese forza e comezase a encadenar derrotas si ben é certo que co obxectivo da salvación no peto. O dos noieses ten moito mérito pois toda a plantilla e de Noia e pese os problemas para adestrar ( xogaban os seus partidos na casa os domingos para poder adestrar ós sábado) sempre estiveron nos postos de privilexio. Non é un equipo moi anotador, de feito os seus partidos sempre acaban en guarismos moi baixos, pero na súa pista son moi difíciles de batir, dada a súa intensidade defensiva e un ritmo de partido lento que fai que o rival teña que xogar moi ben para poder levar o ritmo que máis lle conveña. Os baieses Os baieses, pola súa parte, siguen inmersos en celebracións e maís celebracións. De feito, o sábado tras o partido toda a plantilla, corpo técnico e aficionados terán unha churrascada en Baio para poñer punto e final a unha magnífica temporada. Pero non acaban aquí os actos, pois o sábado que vén serán recibidos no Concello de Zas polo señor alcalde e despois terán un xantar para seguir cos actos de celebración do ascenso. No plano estrictamente deportivo, co ascenso acadado fai catro xornadas, o equipo veuse abaixo físicamente e mentalmente, como o proban as dúas últimas derrotas. A temporada fíxose demasiado longa para un equipo que na maior parte do ano non puido contar coa totalidade da plantilla. Coa xente maís pendente das vacacións e dos movementos que faga a directiva para planificar o equipo da vindeira campaña, chega o partido de Noia. Os xogadores convocados son: - Bases: Jota e Diego Calvo.
- Escoltas: Adrián Martínez e Diego Brandón.
- Aleros: Pablo Juane, David Deber, Chavi? e Juan Carracedo.
- Pivots Ariel.
Novas relacionadas
|