Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os veciños de Cerqueda afirman que a Xunta non quere falar sobre a ponte  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

A Asociación de Veciños Monte d’Arxa de Cerqueda expresou publicamente o seu malestar ante a resposta (ou máis ben a ausencia dela) que deu o director xeral de Obras Públicas da Xunta, Manuel Morato, ante a pregunta efectuada polo deputado popular Alberto Sueiro acerca da ponte de Ardeleiro. Cuestionou por que se pasou dun proxecto inicial cunha anchura de dez metros ao tunel de só cinco. Xosé Manuel Varela, responsable do colectivo veciñal, acusa a Morato de “evadir ter que dar unha resposta”. “El precisamente tería que ser o que dese explicacións, xa que foi o autor do proxecto da obra e agora é o director xeral”, engadiu.Image

“Se hai algún cambio, alguén ten que explicalo. Pola especie de resposta que dá Morato, a que saíu nos medios, semella que a redución da anchura foi negociada, cando nunca se falou con nós deste punto en concreto”, recalca Varela. Sinala que a zona “tiña orixinariamente tres accesos”, pero que polas obras da estrada AC-414 estes quedan “nun e medio, xa que un foi eliminado e outro é un paso estreito polo que non poden circular dous turismos á vez, o que imposibilita á maquinaria agrícola e industrial pasar por el e dificulta a mobilidade agraria”.

De todos modos, os veciños de Cerqueda non queren ir máis alá nas súas reivindicacións de momento. “O que fixemos nós agora só foi entrar a valorar a forma que tiveron de responder ao conflito os distintos partidos políticos. Cando foron as manifestacións polo túnel de Ardeleiro acordouse que se nos explicaría porque se pasou dunha anchura de dez metros á de cinco. Dende entón non tivemos resposta. Os políticos da Xunta evitaron contestaronos e seguimos sen saber porque se tomou esta decisión. Esperaremos ao que aconteza este mes”, di Varela.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com