Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non-compartidas  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller convoca estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non-compartidas. O obxecto é facilitarlles ás mulleres con fillos/as menores, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun contorno de ocio.

As estadías serán de oito días (sete noites) en réxime de pensión completa, durante a primeira quincena do mes de xullo. Poderán ser beneficiarias da estadía de tempo libre aquelas mulleres que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter fillas/os a cargo con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos (ambos inclusive).
  • Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que a renta per cápita da unidade familiar non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
  • Non padecer ela, nin as fillas/os que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Camariñas

O departamento de Servizos Sociais informa das axudas e dos documentos (buscar nas novas do concello) necesarios que hai que presentar antes do 19 de maio de 2008.

Ponteceso

Dende os servizos sociais do Concello de Ponteceso, convócanse as estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas consistente en oito días (sete noites) durante a primeira quincena do mes de xullo, en rexime de pensión completa.

As interesadas, poden acudir ó departamento de servizos sociais do concello (981 7140 000) para apuntarse. Ata o 21 de Maio.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com