Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os pais muxiáns voltaron ás aulas con Xoan Babarro  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

ImageO escritor Xoan Babarro pasou onte, xoves 15 de abril de 2008, polos colexios de Os Muiños e Vilarmide de Muxía, convidado pola Asocicion Pedra dos Corvos. Foi esta unha visita moi especial para moitos muxiáns, xa que o escritor foi mestre en Muxía hai moitos anos e marcou a toda unha xeneración de nenos e nenas. Aqueles nenos e nenas son xa adultos pero lembran como con el aficionáronse á lectura e aprenderon a amar a súa lingua. Onte, a asociación Pedra dos Corvos quixo homenaxear a este mestre, quen pasou polas aulas e falou cos fillos e fillas dos que hai anos foron alumnos seus.

Homenaxe a Manuel Balboa

Hoxe, venres 16 de maio de 2008, celébrase no Salón de Actos do Voluntariado a homenaxe ao músico muxián, Manuel Balboa. Coa presentación do libro de Lino Braxe "Diálogo dos mortos e a noite", a asociación quere lembrar a este grande músico. A asociación segue o seu traballo de recuperar o patrimonio cultural muxian, que non podía esquecerse da figura de Balboa. O acto, ás 20:00, estará presentado polo poeta muxián Rivadulla Corcón e intervirán Lino Braxe, o poeta Miguel Mato e a actriz Rebeca Montero.

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Pedra dos Corvos, da man de Vicki Rivadulla.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com