Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O PXOM de Vimianzo segue enfrontando a BNG con PP e PSOE  Correo-e
jueves, 15 de mayo do 2008

Disque a campaña informativa do BNG de Vimianzo foi produtiva. Así o pensan os membros do grupo de Manul Antelo, que entregaban unhas 3.000 cartas casa por casa informando das deficiencias do proxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O alcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez Lema, recoñeciá que o PXOM pódese mellorar, polo tanto tomuose a decisión de paralo antes de proceder á súa exposición pública. Dende o BNG aseguran que a foi a presión veciñal xerada pola súa campaña a que fixo recapacitar a PP e PSOE. O BNG asegura que 100.000 euros dunha subvención da Xunta para a elaboración do plan, foron malgastados, en tanto que a empresa redactora leva 4 anos nun documento que non serve.

Nota de prensa do BNG de Vimianzo

A presión veciñal paraliza o PXOM do PSOE e do PP

A campaña informativa realizada polo BNG sobre o avance do PXOM, onde se destacaban aqueles aspectos que prexudicaban a moitos veciños de Vimianzo en beneficio duns poucos, tivo un gran calado social que obrigou ao PSOE e ao PP a dar marcha atrás na súas intencións. “Se non é polo BNG, o Alcalde e a Sra. Borbujo impoñían a todos o seu PXOM”, recoñece o Portavoz municipal do BNG; “moi malo ten que ser o PXOM para que o retiren antes de dalo a coñecer”, engade Manuel Antelo.

Non se pode xustificar a retirada do PXOM alegando que non é apoiado polo BNG, pois entre o PSOE e o PP teñen a maioría suficiente para aprobalo. Na comisión celebrada, o BNG abstívose porque considera que foi excluído do consenso do PXOM. Nesa mesma comisión o PP fixo unha defensa a ultranza das bondades deste Plan. Os veciños de Vimianzo pregúntanse a que xoga o PP, que por un lado defende o PXOM, e por outra ataca virulentamente ao BNG. “O PP ten que dar a cara e facer públicos os seus compromisos no PXOM”, di Manuel Antelo; “A xente quere saber porque saían beneficiados políticos do PP e amigos seus e do Alcalde, mentres se prexudicaba a tanta xente”, engade o voceiro nacionalista.

Os nacionalistas de Vimianzo están preocupados pola actuación do Alcalde e da líder do PP, que non teñen reparo en gastar cartos, tempo e enerxías en facer un PXOM á carta dos seus intereses particulares e dos seus amigos. Se non seguen adiante co PXOM é polo grande rexeitamento social, grazas a información do BNG, e porque esperarán a mellores momentos para aprobalo. “Isto é un mostra do desgoberno de Vimianzo e do despilfarro”, di Manuel Antelo. Neste senso lembra que a elaboración do PXOM está subvencionado pola Xunta dende o ano 2002, e que a empresa redactora do PXOM leva catro anos traballando no documento, polo que cobrará 100.000€ de acordo co contrato asinado. O BNG critica que PSOE e PP prefiran abandonar o PXOM antes que chegar a un acordo co BNG en base ao documento presentado no concello o 22 de abril onde se recollen as propostas dos nacionalistas. “A Sra. Borbujo e o Alcalde prefiren tirar con 100.000€ antes que rectificar o PXOM”, di o voceiro nacionalista.

Os nacionalistas insisten en que Vimianzo pode ter un PXOM acorde ás necesidades e beneficioso para todo mundo. Neste senso insisten na súa proposta de aplicar o máximo que permite a lei para non prexudicar ás parroquias no reparto urbanístico. Ademais, din que se debe facer un PXOM para legalizar as edificacións que xurdiron ao marxe do planeamento, co obxecto de que ningunha edificación actual, legal ou non, quede fóra do PXOM. Insisten en que se reparte a capacidade edificadora sobrante para planificar as zonas urbanas de Vimianzo, A Piroga e Baíñas, e que se contemple solo empresarial en Vilaseco e Baíñas. Ao respecto das iniciativas privadas que se beneficien do PXOM deberase facer en función de convenios urbanísticos. “Se alguén se quere beneficiar do PXOM, que presente un convenio urbanístico, para compartir as plusvalías cos veciños de Vimianzo”, di Manuel Antelo.

Os nacionalistas consideran que o PP de Vimianzo está fóra de punto, máis pendente e sacar proveito que en colaborar para que Vimianzo progrese. Todas as iniciativas que presentan fano excluíndo ao BNG e contra o BNG, pero sempre dando alento ao entorno económico do Alcalde, e sendo o principal sustento do actual desgoberno municipal do Sr. Rodríguez Lema. “A Sra. Borbujo carece de credibilidade, pois ataca ao BNG e despois dálle a razón cos seus feitos”, di Manuel Antelo; “o PP de Vimianzo só está ao seus intereses”, engade o voceiro nacionalista.

O BNG foi o único grupo que fixo públicas as súas propostas e que deu a coñecer publicamente os contidos do avance do PXOM. O PSOE e o PP sempre actuaron ás agochadas, ocultando as súas propostas e informando do PXOM aos seus amigos. A situación de desgoberno pactada polo PP e o PSOE en Vimianzo mantennos paralizados na política municipal, como no urbanismo, na Casa da Cultura, nas obras municipais, e en moitos outros aspectos da vida política local. Pola contra fannos destacar no incremento da crispación cos seus continuados insultos ao BNG, no enchufismo nas obras e nas contratacións, e no vergonzoso espectáculo mediático. As grandes obras e actuacións que se desenvolven en Vimianzo están vinculadas a consellerías do BNG, como o parque empresarial e o xeriátrico. Outras, como actuacións en camiños forestais, en saneamentos ou na limpeza do río de Vimianzo son resultados de xestións directas do grupo municipal nacionalista.

Nunca o PP nin a Sra. Borbujo xestionaron iniciativa algunha para Vimianzo, mesmo gobernando o PP en todas as administracións. “A Sra. Borbujo nunca se sentiu comprometida con Vimianzo”, di Manuel Antelo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com