|
Gran participación no Concurso de recollida de tradición oral de Vimianzo |
Correo-e
|
|
jueves, 15 de mayo do 2008 |
|
O xurado do Concurso de recollida de tradición oral para conmemorar o Día das Letras Galegas do ano 2008, fixo pública a lista de premiados e premiadas. Destacan a grande calidade e cantidade dos traballos presentados, feito que fixo que o traballo dos membros do xurado resultase complicado. Dende o Concello de Vimianzo, coorganizador xunto cos CEIP San Vicenzo, Baiñas, A Ponte do Porto e Labarta Pose e cos IES Terra de Soneira e Maximino Romero Lema, sinalan que se fixo un traballo de recollida da tradición oral moi completo que abarca practicamente toda a Terra de Soneira, xa que se presentaron moitos traballos que recollen cantigas e lendas dos concellos de Camariñas e Zas. O futuro destes traballos non será quedar durmidos nun caixón, dende a Concellaría de Cultura de Vimianzo sinalan que a súa intención e facer unha clasificación e logo a edición dun libro con todos os traballos presentados. Os premios serán entregados o Día das Letras Galegas nun acto que terá lugar no Centro Social de Vimianzo as 17:00 horas. Poden acceder a listaxes dos premiados e a acta do xurado no Blog do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo: www.vimianzo.es/lingua. Fonte
|