|
Unha das finse de semana máis intensas, en canto a posibilidades, dende o pasado verán, sen dúbida. O día das Letras Galegas e, en meno medida o día da Internet, provoca que dende todas as esquinas da bisbarra, concellos, partidos e asociacións organicen unha morea de posibilidades para reflexionar, disfrutar e aprender da nosa cultura. Curioso resulta sempre a relevancia que cobra este día cada ano, o que reflicte, neste país da homenaxe póstuma, o estado actual da nosa língua, malia que na nosa bisbarra nos pareza o contrario. Festa das Letras de O Couto A Asociación Cultural Monte Branco do Couto, Ponteceso leva toda semana cunha morea de cousas interesantes que facer. A verdade é que semella un dos acontecementos da tempada, en tanto que engloba todas variedades artísticas, sobre todo música e teatro. Como platos forts, salientamos o concerto de Kepa Junquera o sábado e o de Berrogüeto o domingo. Aí vai o programa para os 3 días de fin de semana: - Venres 16 maio 2008: Contos e Cantos
 - EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial. - 10.30, 11.30 e 15.30 h. CONTOS E CANTOS PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos centros de ensino da comarca. . - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros cun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas. - 18.00 – 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 5: Entre o encontro coa auga bendita e a derradeira vontade. A cargo de Luís Giadás e con música de harpa e violín de Alfonso Franco e Paula Oanes. (Casa do Cura); - 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar con Fredi Muíño, Un día de treboada. - 22.00 h. CINEMA DIXITAL + MÚSICA EN DIRECTO (na Casa do Cura): Clásicos DE CINE The Kid de Charles Chaplin + Música de Ancestral. - 22.30 h. MEMORIAL CHICHO DO COUTO: Teatro con Dequenquén, As cicatrices da memoria e Actuación música folk de Vaamonde, Lamas & Romero. - Sábado 17 maio 2008: Homenaxe a Xelucho Abella
- 9.00 – 11.00 h. PROGRAMA Radio Voz Bergantiños. - 10.30 h. Pasarrúas de Inllar11.00 h. Apertura da Mostra do Libro Galego. - 11.30 h. HOMENAXE A XELUCHO ABELLA. Presentación do CD Gundar e o cabalo de oito patas. Inauguración da exposición sobre esta narración literaria. - 12.00 h. ESPECTÁCULO LITERARIO (poesía + música) con Paco Souto e Serxio Moreira. - 12.15 h. XOGOS DA IGUALDADE (Encontro de Billarda na Memoria de Chicho da Bartola); - 12.30 h. Representación do grupo musical Donaire da Coruña e a Banda de Gaitas Malante de Malpica de Bergantiños. - 14.00 h. XANTAR DE HOMENAXE a Xelucho Abella Chouciño. - 17.00 h. NA MEMORIA DE MANUEL MARÍA E SUSO VAAMONDE: Representación a cargo da compañía Trinke – Trinke, Os soños na gaiola. - 18.00 – 22.00 h. OBRADOIROS de capoeira , percusión afrobrasileira e txalaparta. Exhibición de capoeira. - 22.00 h. Actuación de música folk a cargo de PÉ DE BOI. - 23.00 h. Concerto FOLK con KEPA JUNKERA. - Domingo 18 maio 2008: XXVIª FEIRA DE ARTESANÍA
- 11.00 h. AperturaXXVIª FEIRA DA ARTESANÍA. Obradoiros e demostracións nas haimas durante todo o día. - 11.15 h. Apertura do salón LECER; - 11.30 h. Pasarrúas da Charanga Os Celtas; - 12.00 h. Polifonía da Coral Brisas do Mar de Corme na igrexa de San Tirso de Cospindo. - 12.45 h. CONCERTO MATINAL da Banda de Música Eduardo Pondal. - 13.30 h. ACTUACIÓN dos grupos de música e baile tradicional A. C. Monte Branco con estrea de traxes tradicionais. - 17.00 h. ESPECTÁCULO de Raigañas, Terra de Bergantiños. - 19.00 h Actuación FOLK con BERROGÜETTO - 21.00 h. CLAUSURA. I "Maio Solidario" de Corcubión Este venres 16 de maio a Casa da Cultura acolle a partir das 20:30 a conferencia ÁFRICA: PERSPECTIVA DO CONTINENTE E INMIGRACIÓN AFRICANA NA GALIZA, con Víctor Omgbá. Xornalista e escritor camerunés. Director-fundador da ONGD Equus Zebra de axuda ao inmigrante. Letras Galegas en Corcubión O concello organiza varios eventos. O venres 16 haberá unha Exposición dunha mostra das ilustracións orixinais do libro O neno que tiña medo dos robots/O robot que tiña medo dos nenos de Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás a partir das 15:00h na Casa da Cultura. Ese mesmo día, de 15:30 a 17:00h e para nenos de 3 a 8 anos realizarase unha lectura dramatizada do mesmo libro. e entre as 17:00 a 18:00h os nenos de 8 a 12 anos poderán facer un obradoiro de debuxo impartido por Xosé Tomás. Xa o sábado celebrarase ás 19:00h a presentación do cartel do Día das Letras e seguidamente conferencia de Miguel Vázquez Freire que leva por título Os debuxos tamén falan galego. Pola súa parte, o grupo do BNG, argalla para o sábado un acto público que consistirá nunha lectura continuada de libros galegos ao que queremos invitar a participar a todas aquelas persoas que o desexen. O acto terá lugar na Praza de Castelao e dará comezo ás 11:30. Muxia e o Día das Letras Galegas  O concello artella as actividades para esta din de semana tan galega. Así, o mesmo sábado 17 de maio, Miro Villar e Suso Samad intervirán nunha charla sobre Gonzalo López Abrente, Poeta e narrador da Costa da Morte. O evento terá lugar no Salón de Actos do Salón do Voluntariado (edificio do Mercado) a partir das 19:30. Homenaxe a Manuel Balboa en Muxía Hoxe, venres 16 de maio de 2008, celébrase no salón de actos do voluntariado a homenaxe ao músico muxián, Manuel Balboa. Coa presentación do libro de Lino Braxe "Diálogo dos mortos e a noite", a asociación quere lembrar a este grande músico. A asociación segue o seu traballo de recuperar o patrimonio cultural muxian, que non podía esquecerse da figura de Balboa. O acto, ás 20:00, estará presentado polo poeta muxián Rivadulla Corcón e intervirán Lino Braxe, o poeta Miguel Mato e a actriz Rebeca Montero. Letras Galegas en Cee O venres 16 de maio celebrarase a entrega de premios do XVII Concurso de Achegamento ao Libro. Salón de Actos. A partir das 18.00 horas. O sábado 17 de maio farase a entrega dos premios do V Concurso de Pintura “Concello de Cee”, que repartirá 2500 euros en premios. A partir das 18.30 h. no Salón de Sesións do Concello. Máis tarde, as 20.45 h. no Salón de Actos, Talia Teatro representará “Bicos con lingua”. Entradas a 1,5 e 2,5 euros. Galiza Nova e o BNG de Cee tamén organiza unhas xornada de reflexión para o sábado 17 de maio, na Praza da Constitución de Cee (ou se chove, no Pavillón do IES Agra de Raíces). Haberá as seguintes actividades de forma continuada dende as 16:30 ata as 20:30h: - Proxección do documental "As linguas cruzadas";
- Coloquio con Suso Lista percebeiro, actor e blogueiro de (susolista.blogspot.com);
- Obradoiros para nenos/as marcapáxinas, pintura de caras, quitapenas, globoflexia;
- Xogos populares tiracorda, chave, petanca...
- Espectáculo circense malabares, acrobacias...
Quempallou en CeeA Asociación Cultural e Deportiva de Brens organiza o concerto deste importante grupo do panorama folk galego actual. Será o sábado ás 22:00 no pavillón de Brens. gracias a colaboración da Fundación Caixa Galicia. Día da Internet en Cee A Delegación de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee, a cargo da edil Amancia Trillo Lago, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza para este venres 16 de maio de 2008 (víspera do Día da Internet, curioso que o día da internet coincida coas Letras Galegas) unha serie de obradoiros onde os asistentes serán quen de reservar billetes de avión a través da rede, saber cal é o recorrido máis curto para chegar o seu destino, crear un álbum de fotos, localizar a súa vila e a súa casa, saber por qué parte de Galicia están os seus apelidos distribuídos e cantos hai, usar a wikipedia,… Os interesados en participar poden acudtir directamente a aula de Informática de 12:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00. Letras Galegas en Fisterra O sábado 17 de maio de 2008, a Biblioteca Municipal, ás 11:00 da mañá, acollerá un obradoiro para todos os nenos e nenas chamado “FAGAMOS UN LIBRO”. Procederase á elaboración dun Libro Xigante con texto e debuxo orixinal dos nenos en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez. Así mesmo, o Salón de Sesións do Concello, ás 20:00 horas “ENTREGA DE PREMIOS DO I CERTAME DE RELATO CORTO E POESÍA LETRAS GALEGAS 2008”. E a continuación, presentación de “DÉIXAME A TÚA VOZ” o novo libro da autora fisterrana Branca Vilela. Do 19 ao 31 de maio estará aberta a Exposición itinerante "100 Anos do Himno de Galicia", posta en marcha polo Concello xunto coa Fundación Iniciativas 21. IV Xuntanza de Maiores de Fisterra Será o domingo, 18 de maio de 2008, organizada polo Concello de Fisterra, destinado aos pensionistas e fisterráns maiores de 55 anos e os seus cónxuxes. O autobús comezará a recoller aos maiores ás 11:00 e haberá cousas que facer todo o día. Letras Galegas en Vimianzo Varias actividades están programadas co gallo do día das Letras Galegas e co Día da Internet. Así, o sábado celébrase o Día de Internet e o Telecentro da localidade soneirana ten programadas outras actividades. O propio 17 de maio realizarase a función das escolas de teatro municipais en Vimianzo e o domingo 18 de maio farán o propio en Baiñas e Carnés. Letras Galegas en Camariñas O concello de Camariñs organiza unha lectura dos aforismos sobre que foron recollendo no último mes. A Casa do Alemán acollerá o sábado evento ás 12:30 do sábado e posteriormente se fará entrega dos premios Literariso Intercentro. A partir das 18:00, a Escola de Tetro de Camelle interpretará 3 obras por idades: "O baile de Brancaneves e os 7 ananiños", "A voda da porca María e o porco Pepe" e "terra de Jauja". Ciclo de Cine Galego de Corme A Aosciación de Veciños Eduardo Pondal de Corme continúa cos seus marabillosos ciclos de cine. Este maio vai dedicado ao cine galego, de xeito que este venres ás 22:00, o talller da asociación proxectará "O bosque animado", de José Luis Cuerda, un filme de 1987 con Alfredo Landa e Fernando Valverde. Ponteceso vai a Riazor O Concello de Ponteceso organiza unha saída ó estadio de Riazor para presenciar os encontros Fabril-San Sebastián de los Reyes e R.C Deportivo-Villareal, o vindeiro domingo 18 de maio. Todos os interesados poden apuntarse na Oficina Municipal de Corme. A Mariñeira na TVG O filme de produción galega A Mariñeira de Quilmas estréase o vindeiro sábado 17 de Maio, na Televisión de Galicia. A TVG inclúe esta fita na súa grella no Día das Letras Galegas (ás 16:45). Fonte
|