|
O Sergas abre as listas de contratación temporal para o Virxe da Xunqueira |
Correo-e
|
|
viernes, 16 de mayo do 2008 |
|
O Sergas abre as listas de contratación temporal para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Así o publicaba onte na súa páxina web co denominado Pacto de contratación temporal 2008. Deste xeito, a prazo estará aberto dende hoxe, 16 de maio de 2008 ata o día 30 deste mesmo mes, ambos inclusive. Se estades interesados podedes solicitar máis información no Comité de Empresa. Redución de xornada Segundo sinalan dende o Comité, a Dirección amenazou estos días con retirar a redución de xornada a varios traballadores da división de Recursos Humanos. O Comité considera que ditos traballadores están sufrindo moita presión por parte dos supervisores da unidade. Os problemas máis serios veñen pola programación das xornadas laborais. Varios traballadores acolléranse a esta posibilidade, renunciando á parte proporcional do soldo, para atender ás súas familias. Dende Dirección solicitaran a estes traballadores a carteleras de turnos para todo un ano, ou se non rescindiríaselle a redución da xornada. Esta planificación resulta case que imposible de organizar para os traballadores, pero dende a Dirección consideran que precisan dun tempo prudente para planificar a unidade. Fonte
|