|
Creo que acabo de dar coa clave de bóveda da nosa casta propia, o noso particular feito diferenciado, eso que nos fai distintos e “puteables” para os demais. Falo de nos en conxunto como comarca, como colectivo que poboa un tramo concreto da Galicia profunda. Non temos principios. Carecemos deles ou aló menos non os manifestamos cando se fan necesarios. Estaba escoitando un debate pesudo-filosofico na radio cando me decatei desto. Nunca pasou nada na Costa da Morte “por principios”. Nunca. E dediquei un bo anaco a analizar a historia na busca deses feitos ollo. Comecei por pensar no momentos mais crus onde afloran sempre os mais profundos instintos e onde a xente con principios se move coma pez na auga. Nada. Cando o accidente do "Casón" o ultimo que se estilou foron principios. Finais houbo algúns pero principios ningún. Nin Jose Antonio Madiedo, Director Xeral de Mariña Mercante na época nin o entón Presidente da Xunta González Laxe dimitiron despois de non saber xestionar unha crise que motivou un éxodo vergoñento e patético e unha serie de dubidas de saúde publica aínda non despexadas, case vinte anos despois. Cando a o desastre foi o do “Prestige”... ven, corramos un tupido velo porque nin os propios afectados directos tiveron principios para acudir a limpar a costa sen cobrar. Por principios deberían montóns de lideres políticos ter dimitido so nos últimos vinte anos. Por principios deberon deixar o seu cargo bastantes mandatarios cando os montes se queimaron todos a vez e por principios deberon deixar de mandar os compoñentes do goberno en Cee despois de deixar que a vila se inundase ata catro veces nun mes. Principios non foron os que fixeron que certo alcalde dimitira senón a súa precaria saúde e principios faltan en Vimianzo salvo que o nepotismo se considere un principio. E non se pode considerar cheo de principios un pobo que elixe a quen elixe e vota como vota, mais movido a maioría das veces polo interese que polos principios. Agora ben; ¿nacemos sen principios como comarca ou fomos perdendoos polo camiño? Paréceme que mais ben o segundo porque aquí se morreu por principios noutro tempo e ese me parece o maior acto de responsabilidade para co que un pensa e padece. Pero nalgún momento concreto a necedade, a estupidez, o interese e a ignorancia adiantaron a sensatez, a solidez de caracter, a honestidade e o voluntarismo. E como sempre ninguén se preocupou de advertilo, de demandar os vellos valores. Ningunha autoridade se interesou porque non se perdesen determinados valores sen os que ningún pobo pode progresar. Vivimos nunha especie de sálvese quen poda constante que non produce nada mais que vergoña e desgusto. Sen principios. Columnas anteriores Máis información
|