Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Festas das Letras de Monte Branco cumpre 26 anos homenaxeando á cultura, aos autores e á terra  Correo-e
viernes, 16 de mayo do 2008

Image

Os veciños da aldea poncetesana de O Couto promoven unha das celebracións máis populares das Letras Galegas achegándose á cultura, á creación, á etnografía e a vangarda artística (O Couto. Maio 2008) A asociación cultural Monte Branco, da pequena aldea pontecesana de O Couto (A Coruña), celebra esta fin de semana os actos centrais da Festa das Letras. A cita, que este ano cumpre 26 anos, denomínase este ano Festiletras, reflexando con elo o carácter festivo, popular e lúdico que encerra esta iniciativa pioneira en Galicia.

A organización, un colectivo cultural do eido rural galego, homenaxea este ano ao autor bergantiñán Xelucho Abella, creador de textos como Gundar e o cabalo de oito patas e investigador da etnografía e a cultura da Costa da Morte. A el estarán adicados os actos do sábado 17 na que o propio Abella será o encargado de presentar os seus últimos traballos.

Kepa Junquera

Un dos momentos máis espectaculares do programa de actos terá lugar na noite do sábado, coa actuación do músico vasco Kepa Junquera, que ofrecerá o mellor do seu repertorio no escenario ubicado en O Couto. Pola tarde haberá un obradoiro de Txalaparta, onde se poderá descubrir este instrumento musical e o seu peculiar sonido chegado de Euskadi.

A música continuará o domingo coa actuación de Berrogüeto e a presentación do espectáculo folk Terra de Bergantiños da formación Raigañas. Nesta xornada tamén se desenvolverá a XXVI edición da Feira de Artesanía de O Couto, un certame no que se dan cita artesáns chegados de todo o país e no que se poderán ver produtos coma instrumentos musicais, olería, cestería, xoiaría, escultura, maquetas, gravados, zoques, encaixe, liño… e un longo etcétera. Ademais da exposición, haberá a posibilidade de participar en obradoiros que se desenvolverán ao longo de todo o día.

A XXVIª Feira de ArtesaníaImage

Este domingo 18 de maio de 2008 terá lugar a celebración da mostra de artesanía galega na que o público poderá participar en numerosos obradoiros, mercar produtos artesanais e admirar numerosas exposicións. (O Couto. Maio 2008) Os labores artesanais máis representativos do país estarán presentes na vixésimo sexta edición da Feira da Artesanía de O Couto (Ponteceso- A Coruña), un certame que se celebra de forma parella á XXVIª Festa das Letras Galegas que promove a Asociación Cultural Monte Branco. A organización habilitará este domingo un total de doce haimas nas que distintos artesáns amosarán as súas creacións.

O público, ademais de mercar produtos de artesanía, tamén poderá participar nos obradoiros que permanecerán abertos todo o día e nos que os propios artesáns exercerán de mestres para guiar aos curiosos no proceso de elaboración de todo tipo de elementos: cestos, pezas de olería, encaixe, coiro, gravado…

Os oficios e as artes representados na Feira da Artesanía van dende o zoqueiro, ao cesteiro, oleiro, luthier, carpintería-ebanistería, encaixe, tecidos, gravadores, ceramistas, etc. Tamén haberá espazos dedicados a aspectos de interese como a ecoloxía, o agro ou a integración das persoas a través da denominada “Casa da Diversidade”, na que a asociación Integro exporá o seu traballo social para promover a igualdade de oportunidades no eido da denominada “diversidade funcional”.

Por outra banda, no recinto da Casa dos Veciños haberá obradoiros e exposicións de bonecas tradicionais, maquetismo arquitectónico, maquetas de cabazos e reproducións a escala dos oficios do mar. Mentres, no salón de actos, desenvolverase unha exposición da editorial Kalandraka denominada “Imaxe de letras”. Tamén haberá talleres de papiroflexia, caricaturas e xogos para fomentar a lingua galega.

A Feira da Artesanía estará ambientada coa música de violín do dúo Ana & Antón, así como coas Balconadas obra do artista Miguel Calvos. Para repoñer forzas haberá unha pulpeira do Carballiño e para rematar a festa a pirotecnia Souto de Baio encargarase das tradicionais bombas de palenque e outras sorpresas para os visitantes.

Polo que respecta á Festa das Letras Galegas, o Festiletras, tamén haberá actividades culturais. Así está programada a actuación de Berrogüeto e a presentación do espectáculo folk Terra de Bergantiños da formación Raigañas. Durante a xornada haberá pasarrúas, actuacións de grupos corais etc.

Novas relacionadasImage

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com