|
Os debuxos de Sechu (X): O corzo no aire |
Correo-e
|
|
viernes, 16 de mayo do 2008 |
|
Seguimos amosando eses debuxos dun dos nosos artistas e activistas favoritos no país, o polivalente Sechu Sende, natural de Padrón, pero que a súa universalidade galega fai que estea de actualidade en cada punto do país. Sempre activo coa súa bitácora MadeinGaliza, amósanos debuxos de todos os calibres. Por certo, hoxe pasa Sechu co seu Circo de Pulgas Carruselo por Lugo, a ver se temos algún alcalde que nolo trae pola bisbarra. Hoxe, coido que podemos falar do perigo nas estradas. E no só das mortes de persoas humanas. Dando unha volta pola bisbarra en bicicleta podes atopar centos de animais mortos nas beiras das estradas. Dende pequenos ourizos, ata raposiños pasando polos máis habituais candelos e gatiños. Difícil é ter coidado con eles, que moitas veces crúzanse sen parar a mirar, ben é certo. O único que podemos facer é ir un pouquiño máis a modo, que por aquí gústanos demais correr. Debuxos anteriores Fonte
|