|

Aproveitamos que Quempallou pasa por aquí para darlle un repaso. Xa saben que hoxe, sábado 17 de maio de 2008, o pavillón de Brens acollerá este divertido concerto. O grupo nace no ano 1999 dacabalo entre o Incio (Lugo) e o Morrazo (Pontevedra), gracias a coincidencia na Escola de Maxisterio de Pontevedra de varios integrantes. Logo de grabar unha Maqueta no 2000, presentan o seu primeiro cedé de título homónimo, Quempallou (Zouma Records 2002). No 2004 editan o seu segundo traballo, Estremonías (Zouma Récords 2004), con temas como “Xan”, con letra de Rosalía de Castro, escollido mellor tema de música galega nese ano 2004 pola revista A Nosa Terra, ou este "En que terra me botaches".
Xa no 2007 sacan o seu último disco, Polo aire, que asegura un directo de troula total. O grupo traballa sobre os ritmos tradicionais galegos, mantendo toda a frescura posible e buscando un estilo moi bailable para goce tanto dos propios músicos coma do público, sexa da idade que sexa. Deste xeito, Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas..., para diversión de tódolos presentes. E é que son un perigo estes rapaces cos instrumentos ó lombo, e moito máis enriba dun escenario. Animádevos e gozade do folk galego con Quempallou, unha festa en cada concerto. A beillaaaaar!!!!.
Aquí estaban en directo os Quempallou no pub Gatos en Melide, e hoxe, sábado 17 de maio de 2008, teremos a oportunidade de velos en concerto no pavillón de Brens, a partir das 22:00 gracias a labor da Asociación Cultural e Deportiva de Brens. Máis información Grupos anteriores Fonte
|