Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Editorial: Camiñando entre lobos e penedos  Correo-e
viernes, 16 de mayo do 2008

A nova máis relevante desta semana chegou dende a Consellería de Medio Ambiente. A Xunta anunciou a apertura do expediente para declarar os Penedos de Traba e Pasarela espazo paisaxístico natural protexido, e presentou o novo plan de xestión do lobo. A denominación dos penedos como Paisaxe Protexida é unha nova moi positiva para a maior parte da bisbarra. Por exemplo, a asociación Amigos dos Penedos, dos que máis contentos quedaron, enviaron un precioso texto baixo o título "Camiñando entre Penedos", que inspirou esta columna. Tamén se mostraron encantados dende o BNG, dende o galego e dende o de Vimianzo, quen subliñaron que agora chega o proceso máis importante, o da posta en valor e dinamización económica das parroquias dos arredores. Outra visión positiva deixóunola o activo grupo ecoloxista PX, da man de Rafael Lema, quen, malia e todo, asegurou que recorrirá un dos parágrafos do proxecto, ao entender que deixa unha porta aberta á instalación de explotacións.

A quen non lle sentou tan ben a nova foi ao alcalde de Vimianzo. Alejandro Rodríguez Lema dixo que solicitará unha compensación económica porque considera que a canteira proporcionaría máis riqueza que a posta en valor dos Penedos para a súa explotación turística. Agardamos que os concellos de Laxe e Vimianzo acaben comprobando que se consegue moito máis pola vía da conservación do noso patrimonio natural que a través da pequena industria. E non queremos olvidarnos do patrimonio inmaterial da bisbarra, lembrando os preciosos sons que nos ofrecen dende o colectivo Escoitar.org, que acaba de publicar o seu traballo de colleita de sons nos Batáns do Mosquetín, encadrado no seu Paseo Sonoro do proxecto "Fonotopías de Galicia, sons en perigo de extinción". Unha inciativa encantadora e moi relaxante.

Quen tampouco andan tan contentos se cadra son algún gandeiro e algún cazador que vé ao lobo como o seu maior inimigo. Non é que o novo plan de xestión vaia deixar que o lobo campe polos montes da bisbarra como lle pete, nin moito menos, pero semella que dende as administracións van tendo un coidado un pouco maior neste asunto. Iso si, ben saben da problemática social que xenera este asunto e andarán con moito coidado. Polo de pronto, no mapa de zonas prioritarias para o fomento das poboacións de lobos, na bisbarra contamos agora con 4 concello que levan esa calificación. Estes concellos son Muxía, Dumbría, Vimianzo e Mazaricos, que contan cunha amplia superficie de monte e bosque por onde o lobo pode disfrutar sen molestar nin ser molestado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nova redactada por Ubaldo Cerqueiro García, Redactor Xefe de 'Que pasa na Costa', para o semanario O Acontecer.com.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com