|
O recuncho da Costa (XXX): As Illas Lobeiras |
Correo-e
|
|
viernes, 16 de mayo do 2008 |
|

Co gallo da viaxe da semana pasada da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas ata as Illas Lobeiras, recibimos unhas imaxes ben fermosas. Este arquipélago está en plena ría de Corcubión, en fronte da costa carnotá e do cabo C. Son dous grupos de illas alonxadas un quilómetro entre a Lobeira Grande e a Lobeira Chica. Pertencen ao concello de Corcubión, que xa ten solicitada unha entrevista con Medio Ambiente para incluilas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.  As illas servirán ademais para vixiar a reserva mariña de Lira. Unhas illas que foron visitadas por unha grande parte da bisbarra. Un escoita nas tabernas da zona aquelas historias de mocidade que nos contan os que, sen ser aín da maiores, xa non son uns pipiolos, que collían a tenda de campaña e moita cervexa, falaban co señor Amador para que os achegara ata a illa e a comer marisco toda a fin de semana. Seica a mocidade de agora non gosta xa deste plan? Atopamos por aquí mesmo un libro chamado Os gritos das illas Lobeiras, de Antón Cortizas Amado. I é que estas illas son míticas na costa. A morea de naufraxios que viviron as illas é innumerable, e dos temporais teñen que ser de traca, como aquel nos comezos do 1900 no que a familia do fareiro quedou aillada, nunca mellor dito, por un tempo. Moito tempo, as 3 hectáreas da Lobeira Grande eran o espazo no que vivía o fareiro, que agora xa está informatizado. Os membros da última expedición non deron conta do raposiño. Disque non hai, pero nunca se sabe, porque hai algún desalmado, que por non soportar as gaivotas nas súas xornadas estivais, vai e deixa a un pobre e esfameado raposiño a que se busque a vida por un lugar tan pequeno coma este. Menos mal que andan os de Seprona e algún veciño razonable pola zona, que cando pasa por alí sácao do seu deserto particular. Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Outros vídeos Fonte
|