|
Esta semana estanse a desenvolver as actividades de clausura do programa “Coñecendo o mar de Camariñas”. O Concello de Camariñas, da man da Técnica de Medioambiente, coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, abríu dende este luns e ata o vernes 23, unha serie de actividades acuáticas. Deste xeito, uns 100 alumnos de educación Primaria dos colexios O Areal de Camariñas e do CEIP de Ponte do Porto, puideron realizar, por exemplo un roteiro pola ría a bordo do Chasula. Ao longo da semana están coñecendo máis de preto o que o mar significa para un concello como Camariñas. I é que dun tempo a esta parte a mocidade crece de costas ao mar. Semella que dedicarse á mar é agora unha vergonza. Os nosos pais noq ueren que agora os fillos traballen na mar, que non cabe dúbida é un traballo difícil e perigoso. Pero que pasa coa construción, por exemplo? De seguirmos así, en 20 anos non vai quedar traballador de aquí que queira ir ao mar, e serán, como xa ven ocorrendo, os inmigrantes os que ocupen todos eses postos de traballo que nós xa non queremos, para seguir mantendo activo un dos motores económicos máis fortes do noso país. Esta necesidade de non alonxarse do mar, vese reflexada nos obxectivos que prantexan dende a Consellería de Pesca: Os obxectivos pretenden que os alumnos coñezan o mundo da pesca (especies que se capturan, artes de pesca, sinalización no mar... e o mesmo barco). A visita ten ademáis un enfoque hacia a orientación laboral dos alumnos, xa que se pretende concienciar de que tanto a pesca coma o marisqueo son saídas laborais con futuro. Preténdese, ademais, garantir o relevo nestes sectores con un alto grao de profesionalidade, xa que nos últimos tempos estase detectando que os xoves non os ven como una saída laboral. Festa para recadar fondos para as Festas Esta pasada fin de semana, o pavillón de Camariñas acollía un evento especial: unha cea-baile, pero unha cea recaudatoria. O gallo do asunto foi recadar fondos para a Festas do Carme. Máis de 250 persoas pasárono de medo ata máis aló das 3:00 da mañá. O Grupo Latinos amenizou a xornada. Por Camariñas andan encantados coa familia que é a vila, e que gracias á comisión de festas, de cando en vez, dedícanse unha homenaxe coma esta. Ademais, a venta de rifas foi todo un éxito, co que semella que este ano o Carme vai ser gordo... Fonte
|