doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Pesca promove os deportes náuticos co ‘Desafío de portos pesqueiros’  Correo-e
miércoles, 21 de mayo do 2008

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destina preto de 90.000 euros á proposta ‘Desafío de Portos Pesqueiros’, unha iniciativa da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) coa que se quere promover a práctica de deportes náuticos entre os pescadores e as súas familias, tomando como base un evento deportivo que permita crear un foro entre as propias confrarías.

Esta actuación, na que poden tomar parte as vilas mariñeiras da Costa da Morte, pretende establecer un desafío deportivo a través de prácticas de lecer no mar, así como fomentar a convivencia. Deste xeito, adestrarase na navegación a vela unha tripulación de cada un dos catro portos participantes nesta primeira edición (Muros, Carnota, Corcubión e Fisterra) para que despois compitan entre si nunha regata. Ademais, estanse levando a cabo actuacións paralelas como bautizos de mar, talleres de nós ou cursos de vela.

Regata

O desenvolvemento da regata está previsto para a primeira semana de setembro na ría de Cee-Corcubión, o que permite preparar coa antelación suficiente os cursos e adestramentos das diferentes tripulacións. A competición realizarase en tres días, de modo que nas dúas primeiras xornadas os participantes Redacción farán diferentes probas. Así, obterán dúas clasificacións que servirán para os posteriores encontros tipo ‘barco contra barco’, emparellando as embarcacións segundo a puntuación dos dous primeiros días. Desta forma, tanto pescadores como outros axentes do ámbito náutico de toda Galicia converterán a ría de Corcubión nun campo de competición pero tamén nunha festa, atendendo ás bases da competición náutica: prestixio, espectáculo e coñecemento da vela.

Outras actividades

Dende finais do ano 2007 xa se están desenvolvendo actividades no marco do proxecto. Así, houbo bautizos de mar con barcos escola, e haberá próximamente saídas polo litoral de Lira e Carnota.

Nota de prensa da Consellería de Pesca e Asuntos Mariños

  • A CONSELLERÍA DE PESCA PROMOVE OS DEPORTES NÁUTICOS ENTRE OS PROFESIONAIS DO MAR
  • O departamento autonómico achega preto de 90.000 euros á iniciativa “Desafío de Portos Pesqueiros”, impulsada pola Asociación Galega de Actividades Náuticas.
  • Esta actuación inclúese nos proxectos de promoción sociocultural que financia a Administración pesqueira galega cunha achega superior ao millón de euros na convocatoria 2007-2008.
  • Santiago de Compostela, 10 de maio de 2008.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destina preto de 90.000 euros ao “Desafío de Portos Pesqueiros”, unha iniciativa da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) coa que se quere promover a práctica de deportes náuticos entre os pescadores e as súas familias, tomando como base un evento deportivo que permita crear un foro entre as propias confrarías. Esta actuación desenvólvese ao amparo da Orde do 6 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases e se regula a concesión de axudas para proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e o sector pesqueiro no bienio 2007-2008.

    Obxectivo

    Segundo a memoria presentada ante a Administración pesqueira galega, o obxectivo desta actividade é establecer un desafío deportivo a través de prácticas de lecer no mar, así como fomentar a convivencia. Deste xeito, adestrarase na navegación a vela unha tripulación de cada un dos catro portos participantes nesta primeira edición (Muros, Carnota, Corcubión e Fisterra) para que despois compitan entre si nunha regata. Ademais, estanse levando a cabo actuacións paralelas como bautizos de mar, talleres de nós ou cursos de vela.

    Desenvolvemento da regata

    O desenvolvemento da regata está previsto para a primeira semana de setembro na Ría de Cee-Corcubión, o que permite preparar coa antelación suficiente os cursos e adestramentos das diferentes tripulacións. A competición realizarase en tres días, de modo que nas dúas primeiras xornadas os participantes farán diferentes probas que permitirán obter dúas clasificacións que servirán para os posteriores encontros tipo “barco contra barco”, emparellando as embarcacións segundo a puntuación dos dous primeiros días.

    Desta forma, tanto pescadores como outros axentes do ámbito náutico procedentes de toda Galicia converterán a Ría de Corcubión nun campo de competición pero tamén nunha festa, atendendo ás bases da competición náutica: prestixio, espectacularidade e coñecemento do mundo da vela. Ademais, “Desafío de Portos Pesqueiros” terá o seu propio trofeo, que non pertencerá a un dono definitivo senón que pasará de man en man entre as confrarías gañadoras de cada ano.

    Idea pioneira

    Cabe sinalar que, se ben esta iniciativa pola que aposta a Consellería de Pesca, é pioneira en toda España, nace coa idea de expandirse a outros portos do Estado da man da Asociación Española de Ciudades de la Pesca, ao tempo que quere consolidarse nas costas galegas.

    Outras actividades

    Aínda que a regata entre os catro portos participantes non está prevista ata o vindeiro mes de setembro, xa se están realizando actividades paralelas dende finais do ano 2007 no marco do proxecto. Así, entre as actuacións contempladas dentro de “Desafío de Portos Pesqueiros” atópanse os bautizos de mar, nos que a aprendizaxe é desenvolvida, na súa primeira fase, a través de barcos escola nos que o monitor se encarga de distribuír as funcións entre os alumnos.

    Ademais, gracias á colaboración da Asociación Cultural Canle de Lira están previstas saídas polo entorno do litoral de Lira e de Carnota facendo unha ruta marítima para coñecer cómo pescaban os nosos ancestros nos barcos xeiteiros.

    Cursos de vela

    Por outra banda, levaranse a cabo cursos de vela cos que se tratará de rescatar unha das habilidades propias da tradición mariñeira, á vez que se amplía unha das materias máis importantes do ensino: as actividades na natureza. Esta actuación terá unha duración aproximada de 16 horas, incluíndo unha parte teórica e outra de práctica, e as persoas que se inicien nela non teñen que ter coñecementos previos, xa que se trata dunha actividade de iniciación. Non obstante, cabe a posibilidade de facer un curso de perfeccionamento, no caso daqueles alumnos que xa teñen unha base.

    A través destes cursos quérense potenciar as relacións existentes entre as actividades no medio natural e a educación ambiental, así como fomentar o compañeirismo e o traballo en equipo. Ao mesmo tempo, os alumnos adquirirán unha serie de coñecementos entre os que se atopan recoñecer a dirección e a intensidade do vento; practicar manobras de arribada; coñecer os elementos básicos dun barco a vela; poñer en prácticas as medidas de seguridade; ou controlar as diferentes modalidades de navegación.

    Talleres de nós

    Así mesmo, como actividades complementarias aos cursos de vela, impartiranse talleres de nós, nos que se identificarán e realizarán os máis significativos; iniciativas con papaventos, abordando tanto a súa fabricación como o voo; e cursos de teoría da navegación, nos que se analizarán as partes dun barco e as súas características técnicas, así como as manobras e formas de navegación.

    Axudas de promoción sociocultural

    O proxecto “Desafío de Portos Pesqueiros” estase desenvolvendo ao amparo da Orde do 6 de marzo de 2007 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o bienio 2007-2008, período para o que o departamento autonómico achega máis dun millón de euros. Ademais, o Consello da Xunta aprobou recentemente a convocatoria 2008-2009, para a que se disporá doutro millón de euros. Esta medida convócase para incentivar a realización, por parte das entidades do sector e das comunidades pescadoras, de proxectos participativos de promoción sociocultural coa proxección suficiente para contribuír a dinamizar as rexións do noso litoral.

    Estas iniciativas teñen que ter finalidade formativa, turística, ambiental, cultural, social ou de recuperación de valores ou tradicións e poden ser promovidas, entre outros, por confrarías de pescadores e as súas federacións; organizacións de produtores pesqueiros; asociacións de mariscadores ou outros profesionais do sector; ou fundacións, agrupacións e institucións sen ánimo de lucro que realicen a súa actividade en Galicia.

    A promoción destas axudas reside no feito de que a Consellería de Pesca entende que é necesario promover a dinamización das comunidades de pescadores mediante a interacción de accións e programas de sustentabilidade aplicados a diferentes aspectos da realidade social dos mariñeiros. O obxectivo último é acadar unha pesca responsable e asegurar un futuro de benestar económico, así como a dignidade social desta profesión.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nova cedida polo semanario O Acontecer.
    • Nota de prensa da Consellería de Pesca e Asuntos Mariños.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com