Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Xa hai premios para a colleita de saber popular de Vimianzo  Correo-e
miércoles, 21 de mayo do 2008

Continúan aparecendo os gañadores dos certames realizados na bisbarra co gallo do Día das Letras Galegas. Se onte amosanbamos os gañadores do V Certame de Relatos Curtos da Asociación Cherinkas, relato do segundo prenio de Rocío Leira incluido, hoxe amosamos os gañadores do Concurso de recollida de tradición oral 2008, organizado polo Concello de Vimianzo, da man do Gabinete de Normalización Lingüística, apoiado xunto cos CEIP San Vicenzo, Baiñas, A Ponte do Porto e Labarta Pose e cos IES Terra de Soneira e Maximino Romero Lema.

Os organizadores destacan a grande calidade e cantidade dos traballos presentados, feito que fixo que o traballo dos membros do xurado resultase complicado. Sinalan tamén que se fixo un traballo de recollida da tradición oral moi completo que abarca practicamente toda a Terra de Soneira, xa que se presentaron moitos traballos que recollen cantigas e lendas dos concellos de Camariñas e Zas.

O futuro do saber popular

O futuro destes traballos non será quedar durmidos nun caixón, dende a Concellaría de Cultura de Vimianzo sinalan que a súa intención e facer unha clasificación e logo a edición dun libro con todos os traballos presentados. Dende aquí, tamén queremos participar para amosar toda esta sabedoría, así que da man do Gabinete de Normalización Lingüística, tentaremos ir ofrencendo por doses os traballos presentados.

Relación de premiados no Concurso de recollida de tradición oral

  • CATEGORÍA A:
    - 1º premio: Ana, de CLAUDIA SANTOS CASTRO (Labarta Pose);
    - 2º premio: Ángela bonita, de MARÍA CASTIÑEIRA RODRÍGUEZ (Labarta Pose).
  • CATEGORÍA B:
    - 1º premio: Lapideira, de CRISTAL GARCÍA CAAMAÑO (CEIP Baiñas);
    - 2º premio: Carracha, de SABELA ULLOA GARCÍA (Labarta Pose).
    - Premios extraordinarios: a Churrasca, de ALEJANDRA FACAL GONZÁLEZ (Labarta Pose) e a Anto, de ANXO VIGUERET SANTABAYA (Labarta Pose).
  • CATEGORÍA C:
    - 1º premio: Carballo, de FÁTIMA SOTO MEIRÁS (A Ponte do Porto);
    - 2º premio: Acuario, de SUSANA CAPELO RODRÍGUEZ (San Vicenzo);
    - Premios extraordinarios: Quico, de LAURA BRAS MIRA (San Vicenzo) e Tana, de ANA BELÉN TAJES MARCOTE (A Ponte do Porto).
  • CATEGORÍA D;
    - 1º premio: Burbuja, de XIMENA ROMERO CARRERA (Terra de Soneira).
  • CATEGORÍA E:
    - 1º premio: A carón do lume da lareira, de VANESSA VECINO LADO (Terra de Soneira).

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com