Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Unha de cal e unha de area para o lobo  Correo-e
miércoles, 21 de mayo do 2008

Image

Co gallo da presentación a semana pasada do novo Plan de Xestión do lobo, preguntamos ao noso maior experto na materia, Francisco Santiago López, cales son as notas positivas e as negativas deste plan para a conservación desta especie tan conflitiva en todo o país. Xa coñecedes as incribles imaxes que é capaz de cazar Francisco coa súa cámara ao lombo, e se non podedes pasar pola nosa Galería de vídeos ou pola súa Galería de fotos en Fotonatura.org. Todo, en absoluto estado salvaxe, claro.

 

Paco sinala que o Plan ten unha de cal e unha de area. A boa nova, e moi positiva, é que o lobo non foi declarado especie cinexética, factor que se prantexaba nos primeiros borradores do plan. Había moita presión dos cazadores pero a morea de alegacións que chegaron de particulares, coma o propio Paco, ou de colectivos ecoloxistas coma ADEGA, obrigaron á consellería de Medio Ambiente a eliminar esta calificación. Ata aquí as novas positivas.

 

Zona 1

Image 

Porque o que nós entendéramos como unha boa nova, a inclusión de 4 concellos con denominación de zona 1, resulta que é todo o contrario. Segundo nos conta Paco, as zonas 1 son zonas de máxima conflitividade, onde o lobo é máis numeroso e onde a Xunta pode facer controis poboacionais, isto é, batidas legais de lobos para controlar a poboación, cando haia moitos ataques. Deste xeito, o nomeamento de Muxía, Mazaricos, Vimianzo e Dumbría como zona 1 supón un aumento de superficie de zona controlada pola Xunta, e unha redución de espazo onde o lobo poderá campar con tranquilidade.

De tódolos xeitos, a consellería deixa claro que fronte unha masacre grande de gando por parte dos lobos, teranse en conta as propostas dos colectivos ecoloxistas. Prohíbense, iso si, as batidas furtivas de cazadores, así como se penalizarán os salvaxes métodos de caza furtiva, como as crueles trampas de lazos con cebo. Xa sabemos na zona destas matanzas, como sucedera hai dous anos polas parroquias muxiás de Santa María, Leis e Sarandón, onde mesmo a televisión de España Directo pasou a preguntar polas casas. Unha caza furtiva que tampouco é que esté moi contemplada nas contas da consellería, en tanto que asume que un 20% das mortes desta especie chegan de cazas ilegais, cando a realidade dicta unha porcentaxe moito más alta.

AxudasImage

Dende varios puntos solicitan que se incrementen as axudas, case mellor dito, subvencións, a todas aquelas explotaciçons gandeiras que sofren os ataques dos lobos. Estamos a falar de sucesos imposibles de evitar se queremos conservar esta especie tan valiosa, xa que, unha vez acabamos cos cervos e demais posibles presas dos lobos, estes procuran vacas e cabalos. Porén, o único de que os gandeiros non se sintan ameazados pola presencia do lobo, é contarmos cun plan de axudas para compensar os perxuizos que ocasiona a presenza do cánido.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com