|
Continúa en marcha o I Concurso de Teatro Lido en galego da Radio Neria. As escolas da bisbarra xa andan preparando os guións que os cativos de primaria poderán ler nos estudios da radio municipal de Corcubión. Unha boa oportunidade para coñecer as artes escénicas dos nosos pequenos, ademais de coñecer o mundo radiofónico dende dentro. Xa saben, todos os profesores que se queiran involucrar pódense informar no teléfono da radio (981 74 67 01) ou nos correos electrónicos
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
ou
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, así como visitar as bases do concurso. Lembren que a data límite de presentación é o vindeiro 1 de xuño, polo que eses profesores enrollados poden comezar a dedicar esa clase, ou dúas, para darlle esta oportunidade aos cativos. O Acantilado Radio Neria quere informar que no seu programa O Acantilado, do sábado 24 de maio do 2008 ás 12:00, no 107.8 da FM, emitirá as entrevistas dos seguintes persoeiros da farándula estatal. Pasará polas ondas Jordi Evol, máis coñecido como o Follonero de Buenafuente que estrea o seu novo programa este mesmo domingo. Tamén estará en antena Jose Maréa Caneda, que celebra o ascenso do equipo santiagués a 3º División (vémolo na imaxe co presentador do Acantilado, Adrián Leira, á dereita da imaxe). Tamén será entrevistado o delegado do Deportivo da Coruña, Barros Botana, elixido mellor delegado de primeira división. Radio Neria quere facer público este comunicado porque os entrevistados teñen contado os seus proxectos na emisora con anterioridade, e agora, estes fánselles realidade. A semana pasada pasaban polo estudio os membros do filme de produción galega Pradolongo, que está a ter un éxito rotundo alá por onde pasa. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Radio Neria.
|