Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Limpeza na ría de Corcubión, encadrada no plan de recuperación dos fondos mariños  Correo-e
jueves, 22 de mayo do 2008

A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega), que conta con máis de 400 afiliados entre mariscadores e armadores no país, ten preparado un plan para a recuperación das rías de Corcubión e Camariñas. De feito, esta mesma fin de semana, o sabado 24 de maio de 2008, organiza unha limpeza na ría de Corcubión, que contará coa axuda dos socios que a asociación ten na vila corcubionesa, así como da asociación de extractores do longueirón de Fisterra.

Pero os seus plans non fican en meras limpezas, sen desmerecer a importancia que supoñen. A asociación quere recuperar os fondos mariños e para isto xa teñen solicitado á Consellería de Pesca a colocación de arrecifes artificiais, que servirían para conservar, protexer e recuperar a flora e a fauna típica da ría. A importancia destes ecosistemas costeiros nos océanos é moi grande, xa que é onde se produce o 70% do oxígeno, gracias, sobre todo, ao fitoplancton e ás algas. De aí a petición destes elementos inertes, que poderán servir de refuxio para que ditos seres evolucionen.

A Universidad de A Coruña ten realizado un estudio previo para determinar cales eran as zonas máis idóneas do litoral. Agora a ficha está en mans da consellería, da que se agarda resposta nos vindeiros meses.

Varios modelos e varias interferencias

Estes bancos terán que ser completamente compatibles coas artes da pesca. De aí vén a importancia dos modelos elixidos: os de protección non son compatibles co arrastre (un xeito de acabar cunha arte tan destrutiva como o arrastre e cunha excusa moi boa); o segundo modelo é de produción (os máis recomendables xa que favorecen moito a reprodución), que funcionaría como criadoiro-refuxio; e o terceiro sería un mixto.

Pioneira

O importante é que os mariñeiros poidan seguir coas súas labouras e que as zonas elixidas e restrinxidas para a pesca non inflúan no número de capturas. Ademais, cabe lembrar que estamos ante unha experiencia pioneira. Deste xeito,a súa viabilidade decidirá se se extenbde ao resto do litoral do país.

Expedición da OceanaImage

A Costa da Morte será unha das zonas incluidas na investigación que a expedición do Oceana Ranger fai realizar a partir do vindeiro 1 de xuño polo litoral cantábrico. Falamos mar con menos áreas mariñas protexidas, que mesmo non chega a 1 quilómetro cuadrado. Así, co apoio da Fundación Biodiversidad comeza esta campaña para incrementar o coñecemento dos fondos mariños e para promocionar a creación de novas áreas protexidas.

A expedición comezará o seu itinerario pola Illa de Ons, e pasará pola nosa Costa da Morte, cunha paradiña técnica nas Illas Sisargas, antes de continuar o seu estudio polo norte da península ibérica.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com