doMngo, 07 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Valedor pecha o expediente pola desfeita da Fervenza pero apunta á concesionaria  Correo-e
jueves, 22 de mayo do 2008

Image

O Valedor do Pobo respostaba a demanda que o grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto realizaba aló por novembro do pasado 2007, co gallo de depurar responsabilidades no tocante á desfeita do encoro da Fervenza, ocorrida nese mesmo mes, e onde morrían varios milleiros de peixes ante a nula actuación da empresa concesionaria, Ferroatlántica, e Augas de Galicia.

Ambos entes, a través de 2 altos cargos cargos de cada un, están sendo analizados pola xustiza ordinaria, polo que o Valedor do Pobo anunciou que peche do expediente pola denuncia realizada pola entidade ecoloxista.

Valoración positiva

O grupo PX valora o detallado informe presentado polo Valedor e estima que a resolución é lóxica ao estar aberto un proceso penal, así como un expediente administrativo, que desde o grupo desexan que finalicen pronto. Falta agora a resposta da Unión Europea, que así mesmo abriu un expediente pola súa denuncia, e mesmo solicitaba información hai un par de meses.

Completo informe

O Valedor enviou un completo informe incluido un dossier histórico sobre a concesión do Xallas. Neste indícase que o aproveitamento hidroeléctrico é unha concesión de 1958, que obriga á empresa ás disposicións da Lei de Pesca Fluvial, lei que prohibe a realización de obras sen autorización previa e indica que todos os danos e prexuízos que se produzan de calquera clase serán por conta do concesionario. Bastante clariño.

Culpa da empresa

Segundo PX, e tras estudiar a información recibida, e agardando a resposta da xustiza, considera culpable á empresa concesionaria por dous motivos fundamentalemente. Segundo informa Augas de Galicia, o 9 de novembro de 2007, 3 días antes da matanza, realizaba unha visita de inspección, na que constataba que as reservas hidráulicas do encoro eran case inexistentes, estando a verter, non obstante, o concesionario neses días un caudal ecolóxico moi superior ao mínimo imposto. Ademais, Augas de Galicia comprobaba como a empresa realizaba obras de reparación e mantemento sen dar cumprimento aos requisitos establecidos pola concesión, isto é , sen dar conta. Así e todo, por que non denunciou os feitos a Xunta nese momento?

Entrementres, o encoro segue recuperando vagariño un estado aceptable. O último boletín hidrolóxico cifra a ocupación da fervenza nun 63,16%, mentres que o de Santa Uxía do Ézaro ronda o 98%. Como non, se este é o que se usa para a explotación hidroeléctrica. Non cansaremos de pedir que mentres non nos devolvan a fervenza do Ézaro, polo menos, que camuflen un popuco os terroríficos tubos que baixan polo granito abaixo, desvirtuando unha imaxe que podería percorrer o mundo enteiro pola súa fermosura.

Nota de prensa do PX

O Valedor pecha o expediente pola desfeita da Fervenza

A oficina do Valedor do Pobo comunicou ao grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto o peche do expediente pola denuncia presentada por esta entidade en relación á mortalidade de peixes ocorrida no aproveitamento hidroeléctrico da Fervenza, en Dumbría, no río Xallas. O Valedor xustifica esta decisión porque Augas de Galicia incoou un expediente sancionador contra a concesionaria Ferroatlántica para determinar a existencia de infracción administrativa por posible incumprimento das responsabilidades. Estas sería a ausencia de comunicación con suficiente antelación da situación extraordinaria de seca e da súa repercusión sobre as reservas hidráulicas no encoro, a vulneración do estipulado pola planificación para afrontar as situacións extraordinarias de seca, como é verter un caudal ecolóxico máis de tres veces superior ao mínimo imposto para este aproveitamento, cando se prevé a metade do mínimo imposto, e a realización de obras de reparación e mantemento sen a preceptiva autorización. Ademais incide a oficina en que se sustancia un proceso de tipo penal, polo que ou máis probable é que o procedemento sancionador se atope en suspenso ata tanto se resolva en sede xurisdicional.

Valoración do informe do ValedorImage

PX valora o detallado informe presentado polo Valedor e estima que a resolución é lóxica ao estar aberto un proceso penal, e do mesmo xeito abriuse un expediente administrativo, que desde o grupo desexan finalicen pronto. Desde o grupo tamén dirixiron unha queixa á Unión Europea, que así mesmo abriu un expediente pola súa denuncia.

O Valedor enviou un informe ao grupo PX de catro folios onde explica a súa actuación ante esta denuncia, solicitando información ante a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, quen achega un pormenorizado dossier histórico sobre a concesión do Xallas. Neste indícase que o aproveitamento hidroeléctrico é unha concesión de 1958, que obriga á empresa ás disposicións da Lei de Pesca Fluvial, que prohibe a realización de obras sen autorización previa e indica que todos os danos e prexuízos que se produzan de calquera clase serán por conta do concesionario.

Estipula, así mesmo, que o caudal ecolóxico obrigado a respectar é de 1,367 metros cúbicos/segundo para todos os meses do ano, sendo o caudal medio vertedura na semana do 3 ao 9 de novembro de 3,42 metros cúbicos/segundo. Ponse de manifesto a existencia dun protocolo de actuación onde o explotador debe comunicar cun mes de antelación a situación extraordinaria de seca e a súa repercusión sobre as reservas hidrolóxicas ou a decisión de reducir a masa de auga por baixo do 20%.

Na comunicación Augas de Galicia indica que realizou visitas de inspección os días 9 e 20 de novembro, nas que constatou que nos días 9 e seguintes dese mes as reservas hidráulicas do encoro eran case inexistentes, estando a verter, non obstante, ou concesionario neses días un caudal ecolóxico moi superior ao mínimo imposto, comprobando que se estaban a realizar obras de reparación e mantemento sen dar cumprimento aos requisitos establecidos pola concesión. Por todo iso Medio Ambiente considera culpable da morte de peixes nesas datas na Fervenza á empresa concesionaria e mantén o expediente sancionador que determinará se existe infracción administrativa. PX segundo a documentación recibida estima que o concesionario é o culpable do desastre, pero en todo caso esperan unha pronta resolución dos procesos penal e administrativo abertos que diriman responsabilidades.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do grupo PX.
  • Fotografía de Rosaura Romo Hernández.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com