Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: O Lontra  Correo-e
sábado, 24 de mayo do 2008

ImageEstes que vedes na foto, son trece homes bravos e un rapaz non menos bravo ca os homes. Todos morreron xa, pero...¿quen non está morto, ainda que sea un pouco? Formaban a tripulación do “LONTRA” barco con matrícula de Corme, e que desaparecío sin deixar rastro no ano 1925.

Dixenvos antes que xa todos están mortos, pero en realidá ninguén o pode asegurar porque ninguén vio nunca un cadáver que levara por fóra a imaxen de calquera deles. Xa sei que os corpos dos afogados, tardan pouco en parecer calquera cousa, menos a quen perteneceron uns dias antes. Xa sei tamén que a maior parte dos que afogan no mar nunca aparecen. Por suposto que sei, que é raro que un corpo dun afogado apareza na casa onde vive a sua familia... pero non imposible.

No mar non hai nada imposible, nada. O “LONTRA” saíu de Corme o 26 de Marzo de 1925, e o seu destino era o Polo Norte. Levaban provisións pra seis anos, e, gracias as noticias chegadas, do que Admunsen conseguira 20 anos antes, eles xa iban resabiados, xa que naceran todos abordo de barcos de vela.

Esta foi a última foto que sacaron e a única que queda de cada un deles. Ese é o primeiro misterio. Todalas fotos que existían desapareceron; todas menos esta. Foi coma unnha mensaxe do máis alá. As últimas noticias que se teñen do barco, son, que outro barco, o “PERLA”, tamén matriculado en Corme, se cruzara con eles no Golfo de Viscaia, facéndose os reglamentarios saúdos, que consistían en izar e arriar a bandeira que ía no mastro de popa. Nunca máis se soupo nada.

Xa todo o mundo tiña olvidada a sorte do “LONTRA”, cando no ano 1988, chegou a Corme un home cunhas longas barbas. Falaba nun idioma que nadie entendia, pero, un dia no bar de Filgueira, Fuco das Riloas, que anduvera nos barcos estranxeiros, prestoulle atención. Si, parecía que entendia algo. O home barbudo falaba un extraño sueco. Fuco sentouse con el e invitouno a que seguira falando, con unha botella de Soberano como testigo principal, e tendo de secundario ao taberneiro, Tio Ramón de Filgueira. Contou, no pouco que Fuco pudo entender que era o rapaz do “LONTRA”, e que chegaran o Polo Norte, pero que unha vez alí, ninguén quixo vir de volta, porque todos pensaban que alí non se facían vellos; que alí non pasaba o tempo. Solo el, se dou conta de que o tempo pasaba igual ca noutro sitio, pero ante a locura que os poseía, preferío non decir nada, xa que temía pola sua vida.

Foi pasando o tempo e un por un foron morrendo, pero os que quedaban vivos, decían que os outros desertaran porque prefirian morrer xa que o ser inmortales volviaos tolos. Foi así como soupemos en Corme o que lles pasara a tripulación do “LONTRA”, a todos menos o rapas. Serafinciño, que ese era o nombre do rapas, desaparecío o dia seguinte de contarlle esto a Fuco das Riloas. Hai que dí que volvío o Polo Norte, porque aquí, efectivamente, si que pasaba o tempo... e como pasaba.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com