Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Editorial: A formación do GDR-26 para a xestión dos fondos Leader 2007-2013  Correo-e
sábado, 24 de mayo do 2008

Nestas últimas semanas veñense organizando diversas xuntas xestoras por todo o país para a creación dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) que serán encargados de colaborar coa Consellería de Medio Rural para a xestión dos fondos europeos para axudas ao rural.

Para estes anos hai case 1500 millóns de euros que estarán asignados para financiar os proxectos presentados polos distintos grupos.

Varias novidades respecto a periodos anteriores

Como principal novidade para o periodo 2007-2013 é que estes grupos debense formar de abaixo arriba, é dicir: son os propios beneficiarios dos fondos os que deben por en funcionamento e xestionar os grupos; a administración (local, provincial ou nacional) ten un papel moi menor dentro de cada grupo.

Están abertos á participar nos GDR os seguintes colectivos:

  • Cooperativas;
  • Asociacións profesionais agrarias;
  • Asociacións de mulleres ou de mozos;
  • Outro tipo de asociacións sen ánimo de lucro.

Para a incorporación ao grupo rexe o principio de portas abertas, polo que calquer asociación que desexe formar parte terá acceso a el.

Ainda que non é obligatorio que estean incluídos os Concellos a través dos seus alcaldes, si que é convinte que estean representados, ainda que sempre con un peso menor que o das asociacións e cooperativas.

Outra diferencia co sistema anterior, na que había entidades que xestionaban directamente os fondos, contratando persoal e financiando directamente os proxectos que eles mesmos escollían - como viña facendo Neria nas comarcas da Costa da Morte-, é que neste caso os GDR non xestionan, se non a sua tarefa principal é dinamizar: informar e apoiar aquelas iniciativas que precisen financiamento. Os GDR encargárase de seleccionar os proxectos presentados para o seu financiamento con fondos LEADER que se remiten a AGADER, quen é quen aproba finalmente estes proxectos. Deste xeito asegúrase unha maior transparencia, xa que aquelas iniciativas presentadas que non cumplan uns mínimos de calidade ou non se axusten á liñas de axuda para o desenvolvemento rural non recibirán financiamento. Evitase deste xeito un dos principais problemas que xurdiron ao deixar aos grupos xestionar directamente eles os cartos.

Na nosa zona o grupo é o denominado GDR-26, con asociacións e cooperativas dos seguintes concellos: Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Para máis información, pódese visitar a páxina web de AGADER: http://tinyurl.com/6kcfy2

Fonte

  • Artigo de Que pasa na Costa cedido ao semanario O Acontecer.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com