 Hoxe visitamos Pontedeume para ollar as cantareiras de Faltriqueira. Estas mozas lévannos polas orixes da múscia tradicional coas súas marabillosas voces, pero sen caer en tópicos e cunha visión moderna da cantareira de toda a vida. Unhas veces a capela, e outras acompañadas dunhas pandeiretas, estas preciosas mozas ofrécennos a posibilide de viaxar no tempo e de pasalo ben, iso seguro.
Logo de colaborar con xente como Luar na Lubre ou Oskorri, as cantareiras botaban o seu primeiro disco no 2002 baixo o nome de Faltriqueira, da man de Edicións Resistencia. A explosión mediática nace dende hai 2 anos, no 2006, cando conseguen un disco redondo co Efffecto Faltriqueira, do mesmo selo. Temas preciosos como este "Corpiño xeitoso" que vemos arriba, "Adiós" ou o "Meu amor é mariñeiro" de abaixo, fan deste disco unha verdadeira armonía de voces e pandeiretas. Andan compartindo escenario con outros como Hevia, ou con Kepa Junquera, que precisamente hoxe, sábado 17 de maio de 2008 pasará pola Festa das letras de O Couto.  Andan agora coa Faltrixira 2008 por aí adiante, e como non podía ser doutro xeito, por aquí non pasarán. Estes días, de feito, andan por Brasil, que disque qeuda máis cerca que a Costa da Morte. O máis preto que veñen é a Cerceda, o vindeiro 20 de xuño, pero apunten técnicos de cultura, dende o 20 de xullo non teñen máis citas previstas. Aínda estamos a tempo de traelas para o verán.
Este vídeo é "O meu amor mariñeiro", grabado no Teatro Principal de Pontevedra o pasado venres 18 de Abril, no esperado estreo mundo-mundial da Faltrixira 2008 "acibache e rosas". Máis información Grupos anteriores Fonte
|