 Os maiores de idade de Mazaricos poderán disfrutar dunha fin de semana de piragüismo polo río Miño os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño. O departamento de deportes do concello, en colaboración coa empresa Naturmaz, organizan a viaxe para descender o río ata a desembocadura, igual que fixera o ano pasado polos cañóns do Sil. A viaxe custa 85 euros e inclúe un cursiño de piragüismo e aloxamento en casa rural, sendo os traslados por conta propia. Hai 15 prazas, e a saída será o sábado 31 de maio ás 9:00 dende A Picota. V Torneo de Fútbol 7 do Deportivo O pasado día 17 de maio de 2008, os rapaces benxamíns de Mazaricos participaron no V Torneo de Fútbol 7 RC Deportivo da Coruña. O equipo xalleiro non fixo unha impresionante actuación pero gañou un dos 2 encontros que disputou, que dado o alto nivel do torneo. Así e todo, o equipo estivo a piques de pasar á seguinte rolda, pero ao seren un equipo de fútbol sala, non se fixeron nin ao fútbol 7 nin á herba. Estes foron os resultados colleitados polos rapaces: - Mazaricos, 4 - San Cristóbal, 0;
- Mazaricos, 0 - At. San Pedro, 1;
Clinic ciclista O sábado día 7 de xuño o departamento de deportes do concello de Mazaricos organiza o I Clinic de Ciclismo. Ao evento acodirá o campión galego de mountain bike, Jesus Carballeiro, a dar unhas charlas e facer xogos e exercicios cos asistentes. II Xuntanza de AventuraTamén está fixada a data para a II Xuntanza de Aventura para o 27 de xuño, onde xa coonfirmaron asistencia os concellos de Mazaricos, Santa Corda e Negreira. A organización agarda contar co resto de Concellos da Costa da Morte, para este evento onde os nenos xuntaranse nas instalacións de Naturmaz en Mazaricos, ao carón do encoro da Fervenza, para realizar diversas actividades de aventura con Paint-Ball, escalada, piragüismo, tiro con arco, etc... Novas relacionadas Fonte
|