|
O pasado venres 23, remataron as conferencias encadradas dentro do ciclo Conversascon, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e organizadas pola Universidade Popular de Corcubión. O encargado de poñer fin a este ciclo foi o oftalmólogo palestino residente en Corcubión Mohamed Safa. Safa, diante dun auditorio repleto, fixo unha análise lúcida e directa do conflito palestino. Lembrou aos asistentes a situación de acoso e sometemento que se vive na franxa de Gaza e Cisxordania. A falta dun espazo de liberdade imposibilita, a xuízo de Safa, unha solución pacífica do conflito. Logo da conferencia, o público participou nun animado coloquio. De feito a xente, que quedou encantada coa charla e mesmo seguiríao escoitando 3 horas máis, que se escoita estes días por Corcubión. O propio Safa xa ten escoitado loubanzas pola rúa, e confiábanos a clásica dun conferenciante: Cando vai chegando á hora, un sempre pensa se non estará dando un plomo de conferencia. Non tal, e malia que moitos quedaron sen poder facerlle máis preguntas, a xente quedou ben aprendida e coñeceu un pouco máis de preto a realidade do pobo palestino. A inmigración Por outra banda, o día anterior, xoves 22 de maio, Teresa Franco e Mayte Arufe expuseron frente a medio centenar de persoas os aspectos legais sobre a Lei de inmigración, así como a resolución de dúbidas expostas polos asistentes en canto aos pasos a levar a cabo para que unha persoa procedente dun terceiro país poida conseguir ser nacionalizado e, polo tanto, conseguir a súa regularización. Comercio Xusto O pasado sábado 24 de maio dou comezo no Cárcere Vello de Corcubión a semana adicada ó comercio xusto, que se encadra dentro do I Maio solidario. Esta exposición de productos biolóxicos e de comercio xusto estará aberta ata o venres día 30 de 11.00 da mañá ate a 13.00 horas e de 17.00h ás 20.30 horas. Se as condicións climatolóxicas o permiten o Comercio Xusto será sacado a rúa, tendo asi dous puntos de venta de productos (na cárcere e na Praza Castelao). Últimos eventos Ademais de estar o posto de Comercio Xusto toda a semana, para o venres 30 de maio teremos a posibilidae de disfrutar da FESTA SOLIDARIA, dende as 21:00 na Prazoleta. Será unha festa multicultural para rematar as xornadas solidarias, coa actuación dos grupos ALÓDJANGÓ (Gipsy Jazz) e DEM (fusión multiétnica). Novas relacionadas Fonte
|