Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Canto lixo hai nos fondos mariños das nosas rías!  Correo-e
lunes, 26 de mayo do 2008

ImageEste pasado sabado 24 de maio de 2008, a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega), organizaba as IV Xornadas “Limpando as nosas rías”, que desta volta tiveron lugar na ría de Corcubión. As inclemencias climatolóxicas non foron suficientes para evitar que máis de 80 solidarios voluntarios de todas as esquinas da bisbarra e do país participaran da limpeza. Os membros da asociación xa avisan da seguinte xornada para que todo o mundo se apunte a participar. Será o vindeiro sábado 7 de xuño en Fisterra.

En total, unhas 25 toneladas de porcallada foron recollidas, e todo o que queda aínda é moito. Moito lixo, entre o que podíamos ver dende plásticos, cables ou botellas, ata rodas de xigantescas dimensións ou árbores. Os propios mergulladores ironizaban conque alí abaixo debe de de haber unha fábrica de rodas. As conclusións en xeral son bastante feas pero algo esperanzadoras. Feas porque a conclusión máis grande da Asoar-Amega é que aínda as nosas costas son utilizadas coma vertedoiro de todo tipo de refugallos, creando un novo e serio problema de contaminación ambiental, e davaluando a nosa calidade de vida. Esperanzadoras porque a participación nesta clase de xornadas cada vez é maior e a concienciación da xente segue crecendo.

Charlas

Entre as charlas que se realizaron en Corcubión, participaron membros da Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión". Tamén o fixo o presidente da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas en calidade de presidente de "Adega Costa da Morte", Xosé Manuel Casais, quen asegurou que o o peor é o que non se ve. Todo un éxito estas xornadas de limpeza que serven para seguir concienciando a todo mundo i é que isto é non un beneficio tan só para as xentes do mar, senón para toda a sociedade e para ou sector turístico. Con todo, os organizadores aseguran que a conciencia crece e crece, e que a xente cada día coñece mellor os problemas que xeramos e que pronto nos acecharán.

Image 

Nota de prensa da Asoar-Amega

Máis de 80 voluntarios do Grove, Ferrol, Fisterra, Corme, Lugo ou Camelle, entre outros moitos, simbolizaron a sensibilidade existente en todas as zonas de Galicia coa iniciativa, sumándose onte a unhas tarefas de limpeza que non contaron coas mellores condicións climatolóxicas para favorecer as tarefas.

A utilización das costas mariñas e os océanos como un vertedoiro de todo tipo de refugallos non só se converteu nun grave problema de contaminación ambiental, senón tamén nun xerador de mala calidade de vida, unha fonte de ingresos desperdiciada e un futuro desbordante de efectos negativos. Os residuos líquidos e sólidos no medio mariño constitúen un grave problema tanto en alta mar como en proximidades ás costas. Xa o dicía o gran investigador francés do medio mariño, o falecido Jacques Cousteau, que: A supervivencia da especie humana depende do mantemento dun océano limpo e vivo, estendido ao redor de todo o mundo. Conscientes diso, Asoar-Armega, a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia leva organizando varias edicións a campaña denominada "Limpando as nosas rías", iniciativa nacida na Ría de Cee e Corcubión, que onte celebrou a súa segunda xornada de limpeza na mencionada ría tras as levadas a cabo nas de Camariñas e Ferrol.

O pasado sábado, a verdade, o clima non estaba polo labor, pero o entusiasmo dos partícipes foi parello á titánica tarefa que se lles expuña retirando plásticos, cables, botellas, rodas de xigantescas dimensións e ata árbores. En concreto un, que houbo de ser levado ao peirao de Ferroatlántica en Brens, para o seu izado, debido ás súas proporcións e peso, que excedía das tres toneladas e fixo ata dubidar da capacidade dos guindastres de alzalo para a súa retirada por ter o seu límite nas cinco toneladas.

O total retirado foi estimado por fontes da propia asociación Asoar-Armega en máis de 25 toneladas de lixos. Moito traballo e un gran resultado que, con todo, non lles satisfixo por completo porque, como sinalaban as mesmas fontes a pena foi non poder sacar máis. Unha mostra de compromiso e entrega a unha tarefa que debe facer fronte a todo aquilo que as riadas arrastraron aos fondos mariños e á falta de conciencia ambiental que denota as inxentes cantidades de pneumáticos atopados na ría.

Os mergulladores xa dicían que alí abaixo debe de de haber unha fábrica de rodas, sinalaba con ironía unha das partícipes na xornada de limpeza.

A expectación das tarefas atraeu un numeroso grupo de curiosos que desde o peirao de Corcubión seguiron os labores. No apartado mediático tamén foi notoria a presenza de todo tipo de medios de comunicación escritos, radiados e ata televisivos, coas cámaras de Tele5, a Sexta, Televisón Española ou a TVG.

Incremento da concienciación social

Nos relatorios que á tarde recolleron as experiencias dos traballos da mañá, José Luís Rodríguez Domínguez, directivo de AsoarArmega, considerou que os traballos de onte mostraron ás claras que cada ano increméntase o número das persoas concienciadas e comprometidas na defensa e o respecto da contorna marítima. Sinalou tamén que era necesario estender a familia (referencia aos que, individual ou dentro dun colectivo, apoian a defensa do medio), estendéndoa a colectivos non directamente relacionados co mar para que a xente tome conciencia de que estas xornadas non son un beneficio tan só para as xentes do mar, senón para toda a sociedade e para ou sector turístico, sinalou.

Outros dos colectivos participantes nos relatorios foron membros da Universidade Popular de Corcubión e membros da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, que expuxeron os problemas e riscos aos que se enfrontan na súa loita contra o Plan Acuícola e a prevista ampliación da piscifactoría que Stolt Sea Farm ten na zona.

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com