|
Onte, luns 26 de maio de 2008, finalizaron as xornadas de aproveitamento de internet, organizadas polo Concello de Ponteceso. Participaron vintecinco persoas de diversas parroquias do Concello, que aproveitaron oito horas teórico-prácticas relacionadas co manexo de internet. Esta actividade levouse a cabo na Aula de informática de Ponteceso e na Aula de formación de Corme. O concello, da man de bos colaboradores como Óscar Rey Calo, traballa arreo na alfabetización dixital na bisbarra. Habemos tomar boa conta no resto de concellos da bisbarra de como as xentes por Ponteceso están acodindo a unha morea de actividades informativas no eido das novas tecnoloxías. E xa que andamos pola novas tecnoloxías, lembramos de paso a iniciativa que artella cada semana nas ondas da Radio Nordés, a empresa corcubinesa Galinus. Da man de Xabier Calaza, cada luns entre a 13:15 e a 13:30, Calaza achéganos ata A aranheira, un espazo radiofónico levado á tea de araña da internet, que trata de facer que as novas tecnoloxías vaian facéndose un oco nas nosas vidas. Campus de fútbol e campamentos deportivos en Ponteceso Os nenos e nenas, de 9 a 13 anos, do Concello de Ponteceso poderán participar no campus de fútbol e campamentos deportivos 2008. As actividaes transcorrerán do 6 ó 12 de Xullo de 2008 (Campamentos deportivos) e do 13 ó 19 de Xullo (Campus de fútbol). Ofértanse sete prazas para os campamentos deportivos e catro prazas para o campus de fútbol. A inscrición para os campamentos estará aberta ata o 12 de Xuño e ten unha cota de 85,00€. Para o campus de fútbol o prazo de inscrición remata o 19 de Xuño e a cota de inscrición é de 75,00€. Faranse dende o Departamento de deportes do Concello. Máis información Fonte
|