Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

‘Do mar ao padal’ con sabor e calidade  Correo-e
lunes, 26 de mayo do 2008

ImageOs esforzos da Confraría de Lira por poñer en valor os productos da terra e impulsar a Reserva Mariña de Os Miñarzos están a dar uns froitos ben atractivos.

Sen ir máis lonxe, esta semana tiveron lugar na Casa Pila de Lira os ‘Obradoiros gastronómicos do mar ao padal’, unhas xornadas promovidas tamén por WWF/Adena e dirixidas aos responsables dos negocios de restauración da zona para maximizar o valor dos produtos do mar nos seus establecementos. Non faltaron menús degustación, charlas formativas e animados debates entre os asistentes.

“Aquí o temos todo: o pescador, a cultura e o mar”, explicaba o conferenciante aos asistentes, referíndose á boa calidade dos nosos produtos mariños. “Temos que saber poñer en valor o noso produto, deixar claro que o noso é un prato único, que o restaurante é único e que o prato está feito especialmente para eles”.

Prestixio culinario

Continuando as xornadas, este xoves se desprazaron a Lira varios chefs de renome no mundo da gastronomía a nivel galego e español: o protagonista do antigo programa de Cuatro ‘Todos contra el chef’, Darío Barrio, o madrileño José Luis Estevan e os galegos Pepe Solla e Pablo Gallego. Esperemos que marcharan con ganas de promocionar os produtos da reserva, xa que calidade non lles falta.

Xapón en CarnotaImage

O mérito da confraría de Lira chega ben lonxe. Logo de viaxar a Estonia para promocionar o proxecto ‘Mardelira’, esta semana acolleron aos membros da productora xaponesa Mirasol, que vai realizar un documental en Lira para a Television Nishinihon, unha nipona de cobertura nacional.

O interese do Xapón xustifícano as visitantes porque “a Costa da Morte sufriu a marea negra do Prestige e posteriormente os incendios forestais que arrasaron a zona, pero a pesar de todo, a xente do pobo e os pescadores da confraría seguen a loitar por recuperar os seus mares e montes”. Ademáis, as características e contexto do país nipón son, segundo contan, similares ás galegas: rías e mareas vermellas contaminantes. O último tramo dos preparativos rematouse esta semana, e a gravación levarase a cabo entre o 10 e o 24 de xuño en Carnota e os seus arredores.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com