|

Foron máis de 600 persoas, de entre 7 e 90 anos, as que participaron desta II Carreira Pedestre da Costa da Costa da Morte, celebrada o pasado domingo 25 de maio de 2008 en Vimianzo. Os gañadores finalmente foron o compostelán Jesús de la Fuente e a portuguesa Dulce Félix. Todos os participantes destacaron o nivel da proba, que deixou unha morea de premios para os gañadores. 800 euros para cada un dos triunfadores da xornada 550, os segundos; 450, os terceiros; 250, os cuartos e 150, os clasificados en quinta posición. En total foron 54 persoas as agasalladas nas diferntes categorías., sendo os nenos os grandes vencedores, xa que todos eles recibiron un trofeo e un MP4. Vencedores da Costa da Morte Juan Luis Trillo, de Carnota, en categoría masculina, e Barca Toba, de Muxía, na femenina. Entre os de Vimianzo, os máis rápidos foron José Rodríguez e Victoria Fernández. Os pequenos Nas categorías inferiores houbo gran actuación dos rapaces da Costa e moitos subiron ao podio. O caso máis espectacular foi o da categoría cadete feminina onde tre cativas de Muxía coparon os premios: Elas son Ana Toba, Aitana Allo e Beatriz Búa, de Muxía, en cadetes. Houbo varias vitorias máis para a nosa bisbarra. A corcubionesa Lara Santiago gañou na categoría infantil feminino, e Nicolás Iglesias, de Fisterra, gañou en xuvenil masculina. Os máis pequenos, nados entre 1997 e 200, e que correron nun circuito dun quilómetro, houbo boa participación costeira. Na categoría benxamín, Adrián Toba (Cee) foi 2º ao igual que Uxía Bello (Vimianzo); na alevín, Rubén Senlle (Cee) foi 3º; e en alevín feminino Cristina Rodríguez (Corcubión) conseguíu o 2º posto e María González (Dumbría), o 3º. Os veteráns Un dos maiores exemplos de deportividade e valentía ofrecéunolo o ferrolán Julián Bernal que, aos seus 89 anos, completou sen maiores problemas os dez quilómetros da proba. Novas relacionadas Fonte
|