|

Xa hai 6 apuntados para a procura da canción de verán que cada ano argallan a Radio Galega e o portal Vieiros. O Apologhit afronta este ano a súa 3ª edición, e nace para promocionar a música galega, co gallo de atopar esa canción estival, esa canción favorita que será a banda sonora galega para este verán do 20008. Animamos a todos os grupos ou grupiños da bisbarra a que participen neste estupendo cncurso, que só pode traer boas novas. Antes de comezar xa hai 6 grupos colleitando votos, i é que as votacións poden realizarse dende a páxina de Apologhit. Entre os que están xa presentados, a nós gústannos particularmente o Arroz da Banda Potemkin e o Chuliboy do Proxecto Mourente , pero tamén andan por aí os Magín Blanco, co seu Canto de Serea, os Mostoboys con Rosiña, o Dúo Estúpido Mascalzone con Moito Roncha e Os John Deeres con Que o demo me leve. Pasen polo Apologhit, vexan, escoiten e voten e os que poidan, participen. Así seguimos animando á xente da Costa, a eses grupiños que malia non ser aínda profesionais, andan comezando neste mundo. Falamos por exemplo do Baking Blues, que cada mes pasa polo café Rodín a amosar a súa música de forno. Deste xeito e até o 16 de xullo, seguirán a chegar máis temas ás caixas de correo reais e virtuais de Vieiros e da Radio Galega. Novas relacionadas Máis información Fonte
|