|
Moi bo ambiente no I Torneo de Fútbol Base Concello de Muxía |
Correo-e
|
|
lunes, 26 de mayo do 2008 |
|
Esta pasada fin de semana o campo muxián de Arliña acollía o I Torneo de Fútbol Base Concello de Muxía. Unha morea de equipos e unha morea de espectadores os que se deron cita ao longo das dúas xornadas, sábado 24 e domingo 25 de maio de 2008. Os organizadores móstranse encantados coa participación da xente, nun campionato que contou coas mellores canteiras de Galicia. A categoría benxamín tivo unha gran afluencia de público no campo muxían de Arliña, onde se pudo ver unha gran espectáculo de fútbol representado polas mellores canteiras de Galicia como son as do Pabellón de Ourense, Calasanz da Coruña ou Conxo de Santiago. Pola súa parte a categoría alevín vivíu unha gran xornada de fútbol a disputada o domingo. Estaban representados a maioría dos equipos da Costa da Morte xunto con outros clubes como o Nicraniense o Calasanz ou o Deportivo da Coruña que conseguiu levarse o Torneo con autoridade desplegando un gran fútbol a pesares de que os xogadores eran un ano máis novos que a maioría dos seu rivais. Resultados do Torneo de Fútbol Base Concello de Muxía Categoría Benxamín: - Semifinais:
- Calasanz ( A Coruña) 1 – Sta Mariña (Vigo) 2; - Val Miñor (Pontevedra) 3 – Montañeros (A Coruña) 2. - Final:
- Val Miñor 2 – Sta Mariña 0. Categoría Alevín - Semifinais:
- L.Calvo 1 – Sta Comba 1 (por penaltis L.Calvo); - Deportivo 5 – Calasanz (A Coruña) 0. - Final:
- Deportivo 2 – L.Calvo 0. Fonte - Nota de prensa do Técnico de Deportes de Muxía, Fran Toba.
|