Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O avances das grandes obras de Laxe  Correo-e
martes, 27 de mayo do 2008

O Concello de Laxe ten varios proxectos que se están encauzando nos últimos meses. Atópase xestionando tres obras de gran calado e moi esperadas polos veciños, cada unha polos seus motivos. Trátase do novo campo de fútbol, o Museo do Mar e a mellora do porto.

Segundo informacións do Concello, os avances máis recentes no Museo do Mar fan referencia ao proxecto de musealización, museografía e deseño gráfico, adxudicado á firma Inicia. A compañía comezou a traballar neste proceso, ao igual que o está facendo Abertal cos identificativos e a páxina web.

O departamento de Cultura está xestionando a posibilidade de que a obra do fotógrafo José Vidal se recolla no novo museo para que poda ser disfrutada polas xeracións futuras. Actualmente, atópase en conversas coa familia do defunto artista.

A web oficial do Concello indica que as obras de rehabilitación do Museo do Mar iniciáríanse en 2007 e que os seus obxectivos son “a recuperación do patrimonio arquitectónico, a creación dun recurso cultural local vivo, a dinamización turística do territorio, a integración nas estratexias da Costa da Morte e a valoración do patrimonio inmaterial”.Image

Polo que respecta ao porto, Antón Carracedo, alcalde de Laxe, reunirase a semana que entra co presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, para estudar as posibilidades de reformas. Estas estarían destinadas a mellorar o abrigo e a seguridade dos barcos laxenses.

En decembro do pasado ano xurdiu unha forte polémica a partir das declaracións de Parga sobre a posibilidade de non remodelar a dársena como se prometera, algo que indignou aos mariñeiros. Logo rectificou e afirmou que se observaría a posibilidade de acometer unha obra que non afecte tanto a praia. Se non se atopa, farase a reforma tal e como estaba programada. Agora pásase por ese ‘interín’ que pode ser vital para saber que decisión se tomará.

A do campo de fútbol é un dos proxectos que máis se desenvolveu nos últimos tempos. De estar practicamente parado durante varios anos pasouse a acadar o apoio financieiro da Deputación da Coruña e a adxudicación das obras. O documento técnico foi redactado por Singla.

Outras melloras que se realizaron en 2008 en colaboración con outras institucións foron as da rede de abastecemento de auga. Así mesmo, a administración autonómica impulsou definitivamente os traballos na estrada entre Laxe e a Ponte do Porto.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com