doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Novidades no concello de Ponteceso  Correo-e
martes, 27 de mayo do 2008

O concello de Ponteceso conta xa cun solar para cederllo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co fin de construir o centro de Día. O solar está ao carón da galescola. Houbo acordo unánime malia que os a oposición pensaba en Corme.

Consorcio e Pacto de Emprego

No pleno celebrado o pasado luns tamén se aprobou a integración do concello ao Consorcio de Turismo da Costa da Morte. De igual xeito, aprobáronse, a través dunha moción presentada polo goberno, os estatutos do Pacto de Emprego.

Martín VarelaImage

O concello, con votos do PP unicamente, aprobou a introdución nos presupostos deportivos para o tenista cormelá Marín Varela.

Viaxe a Expo Zaragoza

A Deputación Provincial da Coruña, en colaboración co Concello de Ponteceso, organiza unha viaxe a Expo Zaragoza na que poderán participar mozos e mozas do Concello entre 10 e 14 anos. A viaxe transcorrerá entre o 21 e o 25 de Xullo de 2008. Contamos con sete prazas, que se sortearán entre os que se inscriban, e o prazo de inscrición remata o 20 de xuño ás 12.00h.

Clausura das escolas deportivas

O Concello de Ponteceso porá fin a un ano deportivo coa clausura das escolas deportivas, o vindeiro 6 de xuño de 2008. Será no pavillón municipal en Corme ás 17.00h e haberá exhibicións deportivas, xogos, maxia, etc.

Feira da Trabe

Sobre a publicidade, o alcalde apuntou que o Concello xa ten prevista unha campaña para fomentar o comercio local na que será incluída a feira.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com