Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Ézaro terá novos pantaláns  Correo-e
martes, 27 de mayo do 2008

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, firmaron o pasado luns 26 de maio de 2008 un convenio para acometer as obras da instalación de pantaláns na desembocdura do río Xallas. A administración aportará 148.000 euros.

Segundo informa a consellería, a obra permitirá ordenar o fondeo de pequenas embarcacións dos pescadores da zona, á vez que mellorar a protección medio ambiental desta parte do río Xallas, tendo en conta o interese paisaxístico e natural da zona.

Pequeño cualificou de “moi fructífera” a reunión, en tanto que tamén se falou de abastecemento de auga en Oliveira, Puxantes e Oliveiroa, obras que se prevé que rematen a finais do verán.

Nota de prensa da Consellería de Medio AmbienteImage

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE FINANCIARÁ A INSTALACIÓN DE PANTALÁNS NO ÉZARO, NO RÍO XALLAS (A CORUÑA), CUN INVESTIMENTO DE 148.500 EUROS

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará a instalación de pantaláns no Ézaro, na desembocadura do río Xallas, no concello coruñés de Dumbría. O conselleiro, Manuel Vázquez, e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a realización da obra, que contará cun investimento de 148.500 euros por parte do departamento autonómico.

A instalación de pantaláns no Ézaro permitirá ordenar o fondeo de pequenas embarcacións dos pescadores da zona, á vez que mellorar a protección medio ambiental desta parte do río Xallas, tendo en conta o interese paisaxístico e natural da zona.

O convenio enmárcase nas actuacións que realiza a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a protección, conservación, mellora e recuperación dos recursos naturais nos concellos, e estará vixente ata o vindeiro mes de decembro.

O alcalde de Dumbría cualificou de “moi fructífera” a reunión co conselleiro de Medio Ambiente, na que tamén abordaron outros proxectos que se están a desenvolver no municipio nesta materia, como as obras para abastecemento de auga en Oliveira, Puxantes e Oliveiroa, que están en fase de execución e que, segundo as previsións municipais, estarán rematadas a finais do verán.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com