Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Novas liñas para un Noitebús ao que a mocidade se vai acostumando  Correo-e
martes, 27 de mayo do 2008

Novas rutas do Noitebús poranse en funcionamento esta fin de semana. Dende Muxía ata Ponteceso, pasando por Camariñas, Vimianzo, Laxe, Baio, Corme ou Malpica, veranse beneficiados por este novo servizo. Deste xeito e gracias ao traballo do Concello de Ponteceso e ao resto de concello implicados, e á colaboración coa Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia, ponse en marcha este transporte nocturno os sábados e festivos que terá un custo para os usuarios de 2 euros, viaxe completo de ida e volta.

Aplaudimos a proposta do concello de Ponteceso e do resto dos concellos da zona, que ofrece por fin un servizo necesario para que a mocidade poida disfrutar da marcha nocturna sen ter que xogarse a vida cada fin de semana. Ademais vemos como a utilizacións destes buses va aumentando cada mes, e ten que seguir así.

Por certo, botade un ollo no youtubte e veredes como as gastan no Noitebús, da man de Omar Rabuñal e o noso Suso Lista.

Novas rutas, horarios e lugares de paso

  • Roteiro 1:
    Camariñas-Ponte do Porto-Traba-Laxe-Ponteceso. Saída de Camariñas ás 23:30h e chegada ás 06:30h.
  • Roteiro 2:
    Muxía-Ponte do Porto-Vimianzo-Baio-Ponteceso. Saída de Muxía ás 23:15h e chegada ás 06:30h.
  • Roteiro 3:
    Malpica-Brantuas-Corme-Ponteceso-Buño-Carballo. Saída de Malpica ás 23:30h e chegada ás 06:30h.

Rutas xa en funcionamento

  • Camariñas-Ponteceso;
  • Ponte do Porto-Santa Comba;
  • Cee-Santa Comba;
  • Santa Comba-A Picota;
  • Baio-Zas-Santa Comba;
  • Baio-Carballo;
  • Muros-Carnota-Cee;
  • Fisterra-Corcubión-Cee.

O prezo será de 2€ polo traxecto completo de ida e volta. A Compañía de autobuses é Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña S.L (Autos Vázquez).

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com