doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os misterios das escolas de fútbol Prodemar  Correo-e
martes, 27 de mayo do 2008

Pouco se fala nos medios da problemática do equipo fútbol Prodemar, que dada a magnitude da empresa da que falamos, a protección mediática é grande. O equipo esponsorizado pola empresa norueguesa Stolt Sea Farm, contaba ao comezo do curso cun presuposto de 47.000 euros, case que un presuposto de 3ª división, para as 3 categorías nas que presentaban equipos. Todos estes cartos, ou os que chegaron, foron gastados, ou malgastados, como din polo concello de Carnota, antes de tempo. Tan dramática quedou a cousa que mesmo os xuvenís non poideron disputar a copa, xa que a directiva non apuntou ao equipo na competición.

Proxecto inicial

O proxecto inicial do equipo era moi ambicioso. Procurou unha política de fichaxes (estamos a falar de rapaces que en ningún caso pasa dos 18 anos) co gallo de debilitar ao resto dos equipos da bisbarra. Un Ural (ese equipo da Coruña que creou Lendoiro) pero da Costa. De feito, contan, ou contaban nas súas filas con rapaces de Cee, Fisterra ou Muxía, aspirando a todo nesta campaña. Que pouco durou o proxecto!, láianse por Carnota. Ao remate do ano, a tempada deportiva pódese calificar de calamitosa, por non dicir nada da económica.

Aspecto económicoImage

O equipo, ademais de esponsorizado por Prodemar, contaba con un serio aporte económico do grupo construtor Proyectalia, que edificia a parte sur do concello de Carnota. Este grupo de empresarios españois disolveuse a comezos de ano, e a nova directiva non quixo saber nada dos 25.000 euros de patrocinio. Este feito provocou un desbaraxuste nas xa pouco organizadas contas do clube, deixándoo a metade de ano en números vermellos.

As facturas de material, material de primeira calidade, iso por suposto, ascendían a 24.000 euros, e partindo de aí, xa quedou o equipo en bancarrota. Falta de previsión, deixadez e pouca dedicación son verbas que se poden escoitar de varias bocas ao preguntar polo concello. Pero segundo nos apuntaba Chicho, responsable da entidade, o único problema foi o exceso de confianza.

Este problema económico afectou a todos os estamentos do clube. Mesmo aos entrenadores, todos titulados, que levan sen cobrar dende xaneiro. A aposta polos adestradores titulados era un dos pratos fortes desta entidade. Mesmo chegaba a pensar na idea de subvencionar cursiños para aquelas persoas que quixeran involucrarse e coller un grupo de rapaces.

Campo

O Prodemar negociara co concello a utilización do campo de Lombáns, campo, teóricamente municipal (non se saben, ou non se queren amosar, os papeis da propiedade), que xoga e mantén a U.D. Carnota, que pronto cambiará de presidente. O concello presentáralle un convenio á Unión para compartir o campo co resto de equipos do concello.

O convenio presentado polo Prodemar prantexaba que os equipos seguirían mantendo o campo (gastos das caldeiras, limpeza, etc) pero o concello pode elixir quen ten a prioridade do campo, e pode utilizar o campo para o que vexa convinte. Semella razonable que o resto dos equipos xoguen no novo campo de herba artificial de Lombáns, un campo que non se gasta (a curto prazo) e onde poderían xogar varios equipos sen ningún problema.

Xuntanza co concello

Polo de pronto, hoxe o concello e os mombros do clube manerán unha xuntanza coa intención de que sexa o propio concello o que siga adiante co proxecto, contando, iso si, co patrocinio da empresa norueguesa. Había, hai dúas semanas, unha xuntanza informativa do ocorrido ao longo do ano e do que pode pasar para o que vén, pero foi suspendida. Agardan agora os veciños, xogadores, pais e demais xente vencellada ao clube, unuha nova xuntanza, co gallo de depurar as responsabilidades pertinentes.

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com