|
Os representantes sindicais da empresa norueguesa Stolt Sea Farm pertencentes á CIG comezaron onte unha campaña informativa polos concellos da zona. Deste xeito, onte, martes 27 de maio de 2008, reuníanse cos alcaldes de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso; de Carnota, José Oreiro; e de Muxía, Félix Porto, para manterlles informados da política laboral da empresa nos últimos tempos. O representante Xabier Santos mostrábase contento pola actitude receptiva dos alcaldes, quen quedaron en preguntar polas piscifactorías dos seus territorios polas dúbidas que presenta o sindicato, como o problema co convenio colectivo. Convenio colectivo Precisamente o convenio colectivo é un dos cabalos de batalla, xa que a empresa négase a negociar dende hai 1 ano e 6 meses, e os soldos continúan conxelados dende o 2006. Como sinala Xabier Santos, a empresa só quere recortar os dereitos que teñen conseguido os traballadores, i é que segundo informa, a política laboral da empresa ata hai 3 ou 4 anos era exemplar. O acoso laboral é agora outro dos problemas aos que se enfrontan os traballadores das piscifactorías. Os traballadores reciben a cotío "cartas de apercibimento", camufladas por un halo de "baixo rendemento" pero que casualmente sempre coincide con aqueles traballadores que están involucrados na acción sindical. É o caso do último despedimento (non o do presidente do comité de empresa que foi declarado nulo, outro), que tivo lugar en Quilmas, onde xa tan só que unha persoa da vila. Aquí facía fincapé Xabier Santos, resaltando o que revirte esta empresa na zona. Ademais, xa van 20 despedimentos en 4 anos, e a maioría do mesmo departamento, os Hatchery ou criadoiros, onde o acoso laboral é máis explícito. Beneficios contra antigüidade Un dos cabalos de batalla da empresa no tocante ao convenio colectivo é recortar os dereitos da antigüidade que teñen a día de hoxe os trablladores da empresa. Segundo informa Xabier Santos, a antigüidade representa o 7% dos presupostos da empresa, mentres que os beneficios, que repasaremos nos vinderios días, chegan a supoñer un 24%. Por onde tería a empresa que recortar os gastos? Empresa punteira A CIG pregúntase se compensa ter na zona unha empresa que, malia ser punteira no seu sector, non coida dos seus traballadores. Os alcaldes mesmo prantéxanse o non apoiar oprs xectos de ampliación das piscifactorías do Plan Acuícola se a empresa segue coa súa política, en tanto que o verdadeiro beneficio que pode traer á Costa son os postos de traballo, e se sucede coma en Quilmas, onde xa só queda un traballador da zona, eses obxectivos non se estarían cumprindo. Nota de prensa da CIG enviada o martes 27 de maio Os traballadores/as STOLT SEA FARM reivindican a negociación do convenio colectivo de empresa, negociación que dura xa un ano e medio. A empresa segue cunha aptitude intransixente coa única pretensión de recortar os dereitos xa adquiridos no actual convenio, chantaxeando os traballadores cun negociación que se fai interminábel e que ten como consecuencia que os traballadores/as teñan conxelados os salarios dende o ano 2006. A pesar diso a empresa segue a embolsarse beneficios millonarios (máis de 11 millóns no 2006 e preto de 15 no 2007 pendentes de datos oficiais que a empresa aínda non entregou o comité) o mesmo tempo os seus directivos sí se reparten as primas a final de ano, mentres os traballadores/as perden poder adquisitivo. A empresa, pola contra, segue unha política laboral represiva, de acoso continuo nalgúns dos seus departamentos, continuas cartas de apercibimento os traballadores, estrés laboral … (cuestións que esta Central Sindical xa trasladou a asesoria xurídica para estudar as posíbeis demandas contra algúns directivos por acoso laboral), e un nº de despedimentos intolerábel e sen precedentes en ningunha empresa desta comarca (20 nos últimos 4 anos). Unha política laboral que leva a que algúns traballadores decidan non renovar os seus contratos ou a solicitar a baixa voluntaria. E inadmisíbel cunha empresa que ven percibindo importantes cantidades económicas tanto da U.E. como da Xunta de Galiza a través das correspondentes Consellerias, Política Territorial, Medio Ambiente, Pesca e Insdustria, incluso dos Concellos, facilitándolle no seu día a adquisición de terreos onde están asentados os seus 6 centros de traballo; e que debería servir para o desenvolvemento económico e social das zonas onde se asenta; serva para o enriquecimento do grupo, dos seus Directivos e practique nos últimos anos unha política laboral tan vergoñenta. Por este motivo a CIG inicia hoxe a campaña de contactos e información coas distintas Administracións, para pór en coñecemento das mesmas a política laboral que nestes Centros de Traballo da Empresa STOLT SEA FARM, S.A. se está a dar, e para que as mesmas medien neste conflito. Novas relacionadas Fonte
|