|
Acordo do Concello de Zas coa Igrexa |
Correo-e
|
|
jueves, 29 de mayo do 2008 |
|
O Concello de Zas pasará a xestionar parte do patrimonio bibliográfico do bispo baiés Uxío Romero, falecido en marzo do ano pasado. O Arcebispado de Madrid accedeu á petición feita polo alcalde fai dous meses para que a biblioteca municipal de Baio acolla as súas obras. As autoridades eclesiásticas van a ceder parte dos 2.000 volumes dos que consta a biblioteca persoal de Uxío Romero. Concretamente, donará os libros que teñen que ver con cuestións xacobeas ou de Galiza, mentres que os de temática patrimonial da Igrexa ou sobre dereito canónico irán para unha universidade católica. Está previsto que a biblioteca municipal de Baio sexa ubicada nas antigas escolas Agra Regueiro. O propio Uxío Romero manifestara antes de falecer a súa intención de ceder parte do seu patrimonio bibliotecario para uso público. O acordo entre o Concello e o Arcebispado de Madrid terá que ser formalizado mediante un protocolo de colaboración. Os técnicos da igrexa terán primeiro que catalogar os libros para logo distribuilos. Casa Romero de Lema O rexedor, Manuel Muíño, tamén pretende chegar a un acordo co Arcebispado de Santiago para que a casa doutro bispo nado en Baio, Maximino Romero de Lema, sexa cedida á administración local, e que vemos na fotografía de Marcos Rodríguez. Muíño quere que a vivenda, agora en estado ruinoso, se convirta nun centro cultural. Para elo, enviou unha carta en marzo deste ano ao arcebispo Julián Barrio. O mandatario está na espera de resposta. Fonte
|