|
O cormelán Martin Varela, Bergantiñán do ano e premio Nordés, desputaba esta pasada fin de semana o Open de Huesca de tenis en cadeira de rodas, no que, a pesar dos seus problemas de saúde, foi quen de chegar ás semifinais en individuais e á final en dobres. Ademais, Martín Varela foi invitado a formar parte da selección española de dito deporte, unha nova impresionante para a bisbarra. Varela terá que incluirse no circuíto internacional para participar da selección, pero de seguro que non vai ser ese un problema para que o de Corme vista a vermella. A fin de semana foi moi dura para o cormelán, que acusou a altitude da vila aragonesa e sufríu unha febre ben gorda ademais de pequenos mareos. Ademais, as malas condicións climatolóxicas mermaron o potencial do cormelán, que contra vento e marea, conseguía clasificarse para a semifinal en individuais e á final en dobres. Ambas eliminacións teñen nome propio: o número 1 do ránking estatal, o catalán Kiko Tur. Só e en dobres con Javier Sánchez, venceron á parella formada polo de Corme e o ferrolán Álvaro Illobre. Martín xa prepara a vindeira tempada con intencións internacionais, pero antes ten que acabar a presente que pasa por Oviedo para a primeira fin de semana de xuño. Nota de prensa de Esteban Varela Martín Varela alcanza a final de dobres do Open de Huesca e recibe a convocatoria da selección española de tenis en cadeira de rodas. O cormelán Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamento Xeriátrico Clínico, participou o pasado fin de semana nunha nova proba do campionato nacional de tenis en cadeira de rodas no III Open Cidade de Huesca. A competición celebrouse no Club de Tenis Zoiti, na cidade de Huesca. O fin de semana mostrou ao cormelán a cara e a cruz da competición, xa que por unha banda tivo que competir con febre e pequenos mareos que os médicos do torneo diagnosticaron como falta de aclimatación á altura, ao que houbo que unir as malas condicións climatolóxicas nas que se desenvolvo o torneo, con choivas torrenciais que fixeron que se acurtasen os partidos; Martín tivo que estar en cama e só se levantaba para disputar os partidos e comer. Selecionado Pero doutra banda, o seleccionador nacional David Sanz, mantivo unha charla co deportista bergantiñán para informarlle que en agosto Martín formará parte da selección nacional para realizar adestramentos oficiais co obxectivo de preparar aos dous representantes españois na paralimpiada, Kiko Tur e Álvaro Illobre (este último aínda non ten praza asegurada para a súa participación en Beijing). Esta noticia foi recibida con moita satisfacción por Martín que agradeceu a confianza depositada nel polo seleccionador e o que lle obriga xa a preparar o proxecto da tempada 2009, na que terá que incluír obrigatoriamente torneos internacionais para poder seguir avanzando na súa progresión cara ao obxectivo de participar coa selección a partir do próximo ano en probas internacionais representando a España. David Sanz comentoulle a necesidade de entrar no circuíto internacional de forma regular, xa que actualmente Martín non acode a citas internacionais o que se nota á hora de competir con compañeiros seus que si están acudindo a citas internacionais. Open de Huesca No que respecta á competición en Huesca, Martín alcanzou as semifinais no cadro individual. Antes superara en cuartos a Javier Sánchez en bo partido do cormelán. En semis tivo que enfrontarse ao número 1 español, o catalán Kiko Tur. Martín fixo un bo partido, con bos golpes de revés, pero o nivel actual de Kiko fixo que isto non fose suficiente para atemorizar ao catalán que venceu por 6/2 e 6/2. A final disputárona, como era de esperar, Kiko Tur e o ferrolán Álvaro Illobre. Foi un gran encontro no que Kiko Tur alzouse co trofeo de vencedor. En dobres, Martín fixo parella co seu compatriota Álvaro Illobre. Alcanzaron a final que lles enfrontou á parella formada por Kiko Tur e Javier Sánchez. A final foi moi igualada polo que houbo que chegar ao terceiro set que se inclinou a favor da parella Tur Sánchez. O tenteo foi 2/4, 5/3 e 10/7 (o tenteo corresponde a partidos rápidos que houbo que celebrar debido aos atrasos que houbo a consecuencia das fortes choivas de todo o fin de semana). Próxima torneo O próximo torneo da tempada será Oviedo o primeiro fin de semana de xuño. Novas relacionadas
|