Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os cativos de Dumbría viaxan á Expo Zaragoza 2008  Correo-e
sábado, 31 de mayo do 2008

A Deputación e o concello de Dumbría organizan unha viaxe a Zaragoza, para visitar a Expo 2008, para nenos e nenas entre 10 e 14 anos, ambos inclusive. O programa chámase Vivir o mundo, Vivir Europa 2008, e con estas xornadas preténdese que os cativos da bisbarra abren un pouco as súas miras e coñezan un pouco máis de preto os mundo de aí adiante. Este ano, a Expo trata o tema do auga como fío fundamental, e na bisbarra habemos tomar nota de todo canto poidamos, que ben por seca, ben por enchentas, temos a auga ano tras ano nas nosas vidas.

A viaxe será do 21 ó 25 de xullo, e a cota de inscrición é de 85 €. A inscrición é ata o 20 de xuño, e pode realizarse nas oficinas municipais.

Campus de fútbol 2008

O concello anima a todos os nenos e nenas de 9 a 13 anos a que participen dos campus de futbol de Culleredo- A Coruña, que terá lugar do 13 ó 19 de xullo. As inscricións poden realizarse no Concello ata o 19 de xuño, e o prezo é de 75 €.

Campamentos deportivos

O prazo de inscrición para participar nos campamentos deportivos que se desenvolverán na Coruña e que organiza a Deputación remata o 12 de xuño. Os rapaces e rapazas de 9 a 13 anos interesados en participar deben inscribirse no Concello. As datas dos mesmos son do 6 ó 12 de xullo. Hai varias modalidades, entre as que vemos o golf, vela de cruceiro, tenis e volei praia.

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com